Antes da crítica

Porto de Malpica

Despois de dous anos no proxecto arquitecturadegalicia.eu decidimos dar un novo paso. Despois de ter recopiladas máis de 600 obras clasificadas e xeolocalizadas decidimos ir alén da descripción ou da simple clasificación. Pasaremos a falar directamente cos arquitectos, coa xente que vive nas obras, cos visitantes…

Unha vez damos este paso, somos conscientes da realidade na que entramos, o mundo da crítica. Falaremos de todo aquilo que pode ter algo que comentar, salientar, criticar no sentido máis xeral e entendido en todos os seus puntos de vista. Vamos a separar o trigo do soio. O feito de criticar non se quedará simplemente en falar do que non gusta. Falaremos das realidades que vemos habitualmente, desde o punto de vista máis analítico, como se podería falar dende a historia, a teoría e crítica, falar de tipoloxías e facer ensaios da maneira máis convencional.

 

Miraremos con moitos puntos de vista, un ollar analóxico, imitando o que fixo Venturi no seu momento nos seus textos críticos. Ollaremos dende o interior e dende o exterior, afastándose, mirando desde onde se miran as obras das que falaremos.

Centro de Saude de Os Mallos | Adrian Capelo

Aprendendo de Ignasi de Solá Morales, falaremos de lóxicas que levan á forma, o ollar alusivo, utilizando a arquitectura como pretexto, non como texto. Discutiremos a ideas no seu conxunto.

 

Intentaremos aprender desaprendendo o que levamos visto, analizar problemas e causas e intentaremos establecer unhas regras de xogo para que os artigos sirvan para máis que ilustrar e acompañar as fotografías dunha obra. Contextualizaremos, veremos aquilo que aporta aquilo do que estamos a falar fóra do seu contexto.

Estamos nun momento de cambio, temos que entendelo e saber velo, e ver a responsabilidade que os arquitectos temos sobre o que nos rodea, e neste caso como críticos, sabemos que sen a crítica non hai arquitectura, só hai mercado.

Este texto pretende ser un manifesto de aquilo que pensamos como grupo, un resumo de todo aquilo que se leva falado e empezará a levarse a cabo nos artigos seguintes.

 

Descargar el texto en castellano Antes de la Critica

Authors
Top