Quedada fotográfica e concurso de fotografía

Fotografía

Dende hai moito tempo os integrantes de Arquitectura de Galicia temos unha idea na menta, organizar unha “quedada” fotográfica. E vos diredes, ¿que merda é iso? Pois nós tampoco o sabemos moi ben pero temos craro que o queremos facer, e con iso chega.

 

A idea e moi básica, saír unha tarde un grupo de persoas –cantos máis mellor, pero tampouco máis de vinte– a dar un paseo pola cidade cunha serie de obxetivos… A maior parte das nosas visitas veñen dende a cidade da Coruña, por razóns bastante obvias, polo que se levaría a cabo pola cidade herculina. Iremos visitar unha serie de puntos da cidade, maís ou menos no mes de xuño, máis ben a finais, sen PFC, entregas e exames polo medio, moito mellor.

A idea non é so dar un paseo, tamén aprender a usar as cámaras e aprender entre todos a fotografiar arquitectura, algo que non é tan difícil, pero que seguro que moitos non temos os coñecementos máis básicos para mellorar unhas poucas cousas da nosa fotografía arquitectónica.

 

Para finalizar, os que vaian –e os que non tamén por se ese día non poden–, faremos un concurso de fotografía no que escolleremos a mellor foto que nos enviedes dos edificios visitados. O gañador poderá levarse un agasallo de Arquitectura de Galicia.

 

Como as opcións son bastante, e queremos saber cantos somos para organizar, gustaríanos que contactáredes con nós mediante o formulario de contacto para saber cantos estaríades interesados.

 

Related posts

Top