Arquitectura de Galicia: Magazine | As nosas intencións

Arquitectura de Galicia: Magazine | 0

Antes de comezar con todo, queremos falar das nosas intencións, as intencións de isto. Isto que vai ser unha das partes máis importantes de este novo proxecto, como polo de agora, aínda non o temos rematado, pero xa vos queremos adiantar de que se trata, vos facemos un Magazine, Arquitectura de Galicia: Magazine, coas nosas intencións, ¿hai algo mellor que declarar as intencións dun mesmo? Eu creo que non. Sen máis tardar aquí tedes as nosas intencións en forma de magazine, o Arquitectura de Galicia: Magazine.

 

A imaxe da portada quere simbolizar o que intentamos ser, un gran elemento que trata de erguerse para medrar e gañarse un oco no horizonte.

Polo de agora a descarga dos números non estará dispoñible, xa que ISSUU –o servicio que empregaremos para a lectura on-line— non o permite directamente dende o seu servidor de maneira ilimitada, se non se trata dunha conta premium –e sae bastante cara–. Pero buscaremos outro medio para que poidades desfrutar do noso magazine e aprender a arquitectura que se fai en Galicia.

 

Moitas gracias por todo de parte de todo o equipo de Arquitectura de Galicia –Luis, Alberto, Gutier, Dario, Iago Valverde, Iago Casabiell, Adrián, Omar, Esteban, Miguel e eu mesmo–, espero que vos guste este novo camiño que imos comezar. Sen vós Arquitectura de Galicia e todo o noso traballo non tería sentido ningún.

 

Related posts

Top