Pazo de Lestrove

pazo-de-lestrove-destacada

Non hai dúbida que unha das opcións máis interesantes, no tempo que está a vivir a arquitectura nesta crise, é a rehabilitación. Un dos poucos sectores que aínda teñen un ritmo parecido ao de fai uns anos e que cada vez e un recurso máis habitual dentro do panorama da construcción. Neste caso imos a falar da rehabilitación do Pazo de Lestrove, preto de Padrón.

 

O Pazo de Lestrove, áccesit no apartado de Rehabilitación dos premios do COAG do 2006 e no Europa Nostra, é un antigo e histórico edificio de pedra, a construcción do edificio orixinal data de comenzos do século XVI a cargo do arzobispado compostelá. No ano 2003, despois de moitos anos en abandono, se plantexa a súa rehabilitación debido a que presentaba un estado de ruina bastante acusado.

Pazo de Lestrove | Antonio Amado

Foi finalmente recuperado para o seu uso turístico, en concreto coma hotel, e o encargado do proxecto foi o arquitecto coruñés Antonio Amado. A nova rehabilitación integra os vellos materiais xa existentes na edificación , cos novos, o exemplo máis craro de este tipo de integración é o uso do aceiro corten e a pedra do lugar, xa presente na edificación orixinal. Busca un balance adecuado mediante o uso de diferentes conceptos arquitectónicos.

 

En xeral o obxetivo da actuación non é so restaurar un edificio en ruina, senón ser capaz de adaptar mediante a restauración, tanto o edificio como os seus redores ao novo uso para o que vai ser empregado, conservando os valores previos da construcción histórica.

Pazo de Lestrove | Antonio Amado

A formalización da proposta implica dúas orientacións diferente aínda que complementarias: por unha parte a estricta restauración dos elementos orixinais que no momento de facelo proxecto permitían unha reconstrucción, e pola outra, a rehabilitación das zoas que estaban en estado de ruina avanzado, non permitindo así a súa restauración e obrigando a unha intervención total. Esta intervención foi acometida cun concepto de reinterpretación arquitectónica actual.

Arquitectura de Galicia | Pazo de Lestrove

Textos e imaxes cedidas por Antonio Amado

Related posts

One Comment;

  1. Pingback: Antonio Amado: arquitecto | Arquitectura de Galicia Revista

Comments are closed.

Top