#fotografarq

fotografarq

Unha das maneiras que mellor acompañan a aprendizaxe e o coñecemento da arquitectura é empregar a fotografía como medio vinculante, como ferramenta que permite levar á nosa memoria un momento de visita a unha cidade, a un edificio, a un espazo público. Isto é #fotografarq.

 

Por medio dunha serie de visitas guiadas nas que nos acompañarán fotógrafos profesionais e arquitectos, coñeceremos de primeira man algúns dos porqués dos espazos que habitamos. A intención de arquitecturadegalicia.eu é, por medio destas visitas, fomentar o interese no público non profesional, en estudantes que comezan a aventurarse na profesión.

 

A incorporación de fotógrafos profesionais a estes encontros puntuais engadirá o punto de vista técnico, e achegarán as maneiras de afrontar un reto como pode ser a fotografía de arquitectura e espazo público.

 

Presentamos así desta maneira un programa de presentacións e visitas que iniciarán no mes de setembro na Fundación Luis Seoane e que poderán ter continuidade ó longo do curso escolar.

 

En este primeiro evento gratuito teremos a presenza de Juan Rodriguez que ademáis de falar da súa obra arrancará o curso con contidos teóricos orientados ó mundo da fotografía de arquitectura.

 

O curso está orientado a todas aquelas persoas interesadas pola fotografía, aficionados, estudantes e interesados nas artes en xeral.

 

Inscripcións gratuitas

As inscripcións faranse a través do email info@luisseoanefund.org ou a través do teléfono 981.21.60.15
O evento está completo, pese a iso, todos estades invitados a asistir á parte teórica.

 

Busca o evento en facebook!

 

http://www.juanrodriguezphotography.com/

Authors

Related posts

Top
%d bloggers like this: