Crónica dunha demolición anunciada

Vivendas en Ponte Sarela

Espertábamos hai un par de días coa nova de que o complexo de Ponte Sarela, unha das premiadas obras compostelás do arquitecto madrileño Víctor López Cotelo, sería parcialmente demolida tras anos esquivando esa sentencia. Unha nova moi triste, sen ningún tipo de dúbida, para o mundo da arquitectura, tanto polo valor da obra en sí, como pola repercusión que esta sentenza de demolición terá na profesión.

Poñámonos en antecedentes. As vivendas na vaquería corresponden á primeira obra de López Cotelo en Compostela. Obra amplamente premiada, foi premiada na Bienal de Arquitectura Venecia, ou nos premios ENOR do 2009, entre outros. Para unha descripción máis detallada do proxecto, tedes máis información aquí.

O proxecto intenta recuperar unha antigua curtiduría para darlle un uso habitacional e recreacional, revitalizando o seu entorno e convertindo ao mesmo nun novo foco de atracción de xente en Compostela. Este proxecto é, ademáis, un dos desgraciadamente poucos casos de confluencia xeralizada entre a opinión pública e a opinión académica, polo seu carácter respetuoso e elegante, pola súa simplicidade aparente, e por dar, en definitiva, unha solución axeitada alonxada do espectáculo polo espectáculo.

Desgraciadamente, trala construcción perfectamente legal e con todos os permisos en regra, unha denuncia baseada en criterios arquitectónicos certamente dubidosos iniciou un camiño que finalizou o día 22 de Outubro coa sentencia, en principio, sen opción a recurso. O propio concello confirma que tratará de buscar unha solución que evite esta demolición, ao ter o proxecto unha “especial significación para a historia da industria na cidade”. Cabe destacar, así mesmo, que o que hoxe hai que tirar, foi catalogado antes do proxecto (a Xunta ignoraba a existencia desta fábrica, en estado ruinoso), buscando preservar un dos poucos vestixios desa historia industrial compostelá. Esta demolición traería consigo a perda destes restos de alto valor histórico e cultural.

A indignación debería ser máxima. Un proxecto apreciado, premiado, que cumpre escrupulosamente coas leis vixentes, con todos os permisos esixibles, e que conserva o patrimonio industrial de Compostela e de Galicia, vai ser demolido por mor dun dos problemas endémicos deste país: a falta de sensibilidade e formación de determinados órganos, en ocasións políticos. Compre ler esta carta, desesperada, do propio constructor da obra, José Otero Pombo, tratando de explicar causas e consecuencias da sentenza, aló polo 2010.

Tirarán parte do complexo de Ponte Sarela, pero aguantarán en pé o Conde de Fenosa e o Piricoto de Vigo. O criterio do enriquecemento máximo a coste mínimo seguirá estando moi por riba do sentido común, xa non digamos da sensibilidade arquitectónica ou social. As nosas cidades están repletas de aberracións recoñecidas por tribunais que fan a vista gorda cando os gobernos así o ordenan, pero resulta moi difícil atopar arquitecturas necesarias e consecuentes que nos enchan de orgullo como cidadáns. Cada vez máis difícil.

O mundo da arquitectura sucumbiu ao dictado do poder. A independencia do arquitecto deixou de ser, hai moito, unha realidade, para ser a día de hoxe unha utopía. As modas encumbran heroes que a profesión desprecia, a sociedade desprecia á profesión que non consegue dar unha resposta alternativa a esas modas. Hoxe en día parece que arquitectura significa espectáculo (guste ou non ao señor Frank Gehry), dispendio económico (en política iso chámase inversión a longo prazo), sobredimensionado descomunal de proxectos innecesarios, chamar a atención a toda costa. A realidade é que non estamos para nada lonxe das luces de neón de Las Vegas: pavillóns-ponte extravagantes, auditorios con cubertas móviles disfuncionais, Cidades da Cultura innecesarias.

A Arquitectura con maiúsculos parece que sobra. Todas esas pequenas arquitecturas que, en lugar de trascender e saír en revistas, buscan dar solucións e mellorar as condiciones existentes, son ignoradas e despreciadas. En casos como o que nos ocupa son, ademáis, demolidas.

¿Cantos Ponte Sarelas temos que perder para cambiar o curso da arquitectura? ¿Cantos Condes de Fenosa imos permitir? Dicía que a indignación debe ser máxima e engado: a resposta debe ser conxunta. Ponte Sarela non merece ser demolida, non permitamos que iso ocurra.

Related posts

2 Comments

  1. Miguel said:

    ¡Qué pena más grande! Aprecio mucho la arquitectura de López Cotelo, y especialmente esa obra.
    Espero que los ciudadanos de Santiago (por cercanía y visibilidad, desde más lejos poco podemos hacer) protesten contra una sentencia que (aparentemente, pues no conozco la sentencia ni los antecedentes) es injusta.
    Ojalá consigáis revocar la sentencia, es una pieza preciosa a conservar.

  2. Pingback: Entrevista a Víctor López Cotelo - "Con esta sentencia están condenando a la desaparición el Patrimonio Industrial de Ponte Sarela"

Comments are closed.

Top
%d bloggers like this: