Por lembrar o Foro Internacional do Feismo

feismo

O motivo principal de este artigo é recoller os videos de este encontro que tivo lugar en Vigo alá polo 2007. O termo xa era coñecido, e cada vez máis se describe a nosa paisaxe con ese alcume.  Os videos de ese encontro pódense ver na ligazón : http://tv.uvigo.es/es/serial/38.html , o cal creemos que debe ser recordado e almacenado dentro dos artigos desta web.

Da mesma forma que se chegou á un congreso falando sobre este tema, aparecen diariamente novas, publicacións, foros, que continuamente nos bombardean con esta palabra.

Explicaremos con brevidade o que é, xa que intentaremos chegar con este artigo a xente de ámbitos distintos do plenamente arquitectónico.

O termo fose inventado ou non, chegou a convertirse en palabra na Real Academia Galega, aceptada, tanto en si mesma como o que significa, a pesar de ter raíces léxicas non correctas ó que realmente é. Significa tantas cousas que son difíciles de contemplar todas.

O feismo é un fenómeno:

Sorprendentemente é un termo que sae periódicamente ás noticias, para aquí e para acolá, non é unha nova puntual, coma as vacas tolas, Madrid 2012, o ébola… Dende hai varios anos é un termo ó que moita xente se chama a acusar, no que realmente se acusa é o seu punto de vista estético.  Pesquisando un pouco ata podemos atopar un catálogo de cousas que entran ou non dentro do que é feismo.

¿Por qué interesa falar disto nesta web? A arquitectura popular, a adaptación ó territorio cos materiais que a xente ten ó seu alcance pode verse , así plantexada, como correcto. Pois resulta que non, que é “feo”. Quizáis o feo sexa non ter un nivel económico para poder facer o que á xente lle gusta, e aquí pasamos a outro tema.

Todos facemos feísmo:

A casiña máis respetable da arquitectura galega pode estar metida no medio do monte e estar a incumplir coas Leis do Solo de Galicia, pode. Pode estar dentro do ámbito de protección de costas, pode. A ubicación do feismo é xeralizado, se o plantexamos como fenómeno a analizar sobre o mapa.

Se pensamos no paisano que constrúe a súa casa coa súa idea, ó seu gusto, e non remata como lle gustaría , ¿como lle gustaría? (sería entrar en temas da educación constructiva e a historia do lugar, o rexeito ás boas tradicións constructivas; sería desviarse do asunto) Construída na humildade, pode ser, segundo din, motivo de multa, por “fea”.

Xa que andamos con Anteproxecto da nova Lei do Solo de Galicia, por qué non incluir a avaliación dos casos particulares, como se se tratase de un Estudo do Pormenor, algo parece que pensaron nisto, a ver como se pecha a cousa. Ou xa que comeza campaña electoral dentro de pouco (parece que aquí so funcionamos con empuxóns cada catro anos) por qué non incluir puntos de axuda á mellora do ámbito e construccións no noso rural, pero de verdade, (rico e difuso que ocupa a maioría do noso territorio) (ainda que non só o feísmo é do rural, faltaría máis). Pero non nos confundamos, a nova Lei do Solo non é para loitar contra o feísmo.

Da mesma forma, se a xente recurrise ós arquitectos, seguramente lles puidésemos ofrecer bons servizos adecuados ó que realmente se necesita, e cada vez estamos máis axustados a orzamentos cativeiros.

A boa arquitectura do “feismo”:

Non entendida como tal, senón como a arquitectura á que lle podemos chamar con letras maíusculas, aparece, e de feito non é extraña, cando se pensa nos recursos e no bon aproveitamento de recursos, na súa reutilización, no seu reciclaxe, e nos casos que fose preciso, na demolición apropiada.  ¿Acaso non hai boa arquitectura con poucos cartos? Máis adiante recolleremos información do proxecto de Ergosfera, ó que vos deixamos aquí un avance de ligazóns para que vaiades consultando:

Authors
Top