2ª xornada #fotografarq

fotografarq cartel micro -01

Continuamos o comezado. O que ía ser un pequeno grupo de persoas falando sobre fotografía convertiuse na primeira xornada en toda unha clase teórica e práctica con dous grupos importantes de xente. Repetir os agradecementos a todos por ter ido ao primeiro #fotografarq!

Pero a cousa non queda ahí. Repetimos o formato da pasada xornada e mudamos os edificios a visitar coa intención de ir pouco a pouco coñecendo máis o patrimonio actual da cidade e, quen sabe, doutras cidades ás que poidamos ir con esta proposta.

Dende hoxe comenza o prazo para inscribirse no segundo #fotografarq. Neste caso temos a grande oportunidade de compartir experiencias con Héctor Santos-Díez (Madrid, 1973).

Seguiremos contando co apoio da Fundación Luis Seoane. O día 13 de Decembro (sábado) teremos a sesión teórica da man do fotógrafo e unha saída a dous edificios da cidade. Teremos a teoría ás 11:00 h e a saída prevista ó Museo de Belas Artes (do arquitecto Manuel Gallego Jorreto) ás 12:30 h. Despois do xantar voltarémonos a ver no MUNCYT (obra dos arquitectos Acebo e Alonso)

A asistencia á charla teórica é totalmente libre e gratuita.

A asistencia á visita guiada e sesión práctica terá un importe de 12 euros. Cada unha das persoas inscritas participará no concurso. Neste caso terá un premio que constará na impresión da foto gañadora en formato 40×60 en soporte ríxido, cortesía de Foto Artús. A entrega do premio farase o día 18 de Decembro, concidindo coa visita de  Carme Pinós á Fundación Seoane para dar unha charla, a cal vos convidamos a asistir.

Aqueles inscritos ó curso que sexan Amigos da Seoane terán asistencia gratuita tamén á sesión práctica.

¿Como inscribirse en #fotografarq?

Copia estes datos e envíaos completos ó email info@luisseoanefund.org ou no teléfono 981.21.60.15

  • nome completo
  • email
  • teléfono
  • ¿es Amigo da Seoane? (si/non*)
  • *En caso de non, ¿adxunto xustificante? 

Recordamos que aquelas persoas que sexan Amigas da Seoane teñen que inscribirse mediante o mesmo procedemento, pero terán asistencia gratuita.

Aquelas persoas que desexen acudir e non sexan “amigas” da Fundación, poderán inscribirse despois de realizar un pago de 12€ na conta seguinte e presentar o xustificante:

  • ES64 2080 0008 3130 4001 6673 (ABANCA) conta da Fundación Luis Seoane

Data límite de inscripción 7 Decembro de 2014

clica na imaxe para ampliar o cartaz
fotografarq cartel-01

Apoian:

  • Fundación Luis Seoane e Concello da Coruña: financiación para a visita e presentación do fotógrafo convidado, impresión de carteis e cesión do espazo de presentación

Colaboran:

  • MUNCYT: Permisos para a toma de fotografías e visita guiada
  • Museo de Belas Artes: Permisos para a toma de fotografías e visita guiada
  • Xunta de Galicia: Como norma institucional, debe figurar xa que o Museo de Belas Artes é unha institución xestionada por ésta
  • Foto Artús: Participa no apartado do concurso, coa impresión da fotografía gañadora e a súa montaxe sobre soporte ríxido

Información:

  • info@arquitecturadegalicia.eu
  • info@luisseoanefund.org

 

_MG_3728
Adrián Capelo
Authors

Related posts

One Comment;

  1. Pingback: II concurso #fotografarq - Bases

Comments are closed.

Top