A ruleta dos arquitectos

COAG 1970

Intenta recordar os arquitectos que teñen obra en Galicia dende os anos 60. ¿Cantos coñeces? Agora pensa, ¿cantas obras coñeces deles?

Presentámosvos un gráfico que irá achegándose cada vez máis á realidade construida de Galicia, por medio da vosa interacción. Esta ruleta reflexa os porcentaxes de obras que ten cada arquitecto e estudio con respecto ó número total de obras rexistradas.

Cada obra que sae no noso mapa é reflexada instantáneamente neste gráfico que, como digo, irase transformando ó longo do tempo. Destes gráficos da para sacar ducias de conclusións, animádevos a comentar!

O “azar” de esta ruleta fai que o “premio” máis gordo, por agora sexa Alfonso Penela, seguido de Manolo Gallego, Ábalo e Alonso, …

Para que este gráfico sexa o máis achegado á realidade, decirvos que podedes enviarnos as obras que desexedes mediante o formulario que temos para iso, así continuaremos coa vosa axuda completando esta base de datos que estamos a crear.

A imaxe destacada está no blogue do Departamento de Composición da UDC.

Authors
Top