Docuvídeo SIAC 1976 Santiago Compostela

siac 1976

Gustaríanos ir recuperando material que está disperso pola rede e pouco a pouco ter na web de Arquitectura de Galicia referencias a todas aquelas exposicións, encontros, eventos, que tiveran e teñen relación coa nosa arquitectura.

Aproveitando unha publicación do facebook do Colexio de Arquitectos de Galicia (A Coruña) publicamos este video que por outra banda xa fixera referencia Juan Ortiz no seu blogue.

O primeiro Seminario Internacional de de Arquitectura en Compostela fora organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia, con Rossi á cabeza e Cesar Portela, Salvador Tarragó, Manolo Gallego, James Stirling e Carlo Aymonino entre outros colaborando e participando activamente.

Relacionado con isto podemos ver no blogue de Juan Ortiz a entrevista realizada a Aldo Rossi por motivo deste primeiro seminario.

– SIAC 1976 – entrevista Aldo Rossi

Recomendamos visitar o blogue e páxinas de sinarquitectura, fonte deste video:

Authors
Top