Fotografía gañadora do II #fotografarq

ag fotografarq 2 gañadora
fotografía gañadora (Xeila López)
 

Temos o pracer de enunciar a fotografía gañadora do concurso II #fotografarq. Temos que agradecer a todos os participantes a súa asistencia e o seu ánimo e ganas durante a charla e a sesión práctica. Agradecer tamén a Héctor Santos-Diez a súa asistencia de novo e a disponibilidade para ser xurado deste concurso.

Da fotografía gañadora podemos dicir que “recoñeceu unha escena na que o branco e negro lle senta ben e hablea resolto en formato panorámico que axuda a entender o espazo. O formato que se ve forzado por liñas horizontais que surcan a foto entrando e saíndo das sombras. Denótase que se trata de unha fotografía con moita intención.”

O premio consiste na impresión da fotografía en formato papel 60×40 por cortesía de Foto Artús e un ano de inscripción gratuita como Amigo da Fundación Luis Seoane.

Esperamos voltar a vervos nas próximas edicións do #fotografarq, que estimamos que será no mes de Marzo.

(a fotografía foi cortada por motivos de axuste ó formato web) se a queredes ver en tamaño real podedes entrar no noso facebook.

https://www.facebook.com/ArquitecturadeGalicia

Authors

Related posts

Top