Frei Otto, gaña o Pritzker un día despois do seu falecemento

Frei Otto Pritzker 2015

O arquitecto alemán Frei Otto foi finalmente o seleccionado para o premio Pritzker de arquitectura 2015, ese premio que se lle otorga aos mellores arquitectos por unha carreira enteira adicada á arquitectura. Rompendo un pouco a tendencia dos últimos anos, no que os arquitectos xoves e de lugares “exóticos” foron os protagonistas, neste 2015 o xurado do premio, que otorga 100.000 dólares americanos ao gañador, elixiu a principios de ano ao arquitectos alemán Frei Otto, con case 90 anos e excombatinte da Segunda Guerra Mundial, nado no ano 1925 parecía que non conseguiría tal distinción pese a contar cunha obra moi coñecida na súa dilatada carreira.

O gañador anunciado hai dúas semanas, faleceu este luns, uns poucos días ante de recibir o galardón, sen dúbida unha auténtica mágoa que ve como un dos arquitectos que revolucionaron as estructuras lixeiras no século XX deixan a arquitectura antes de recibir un premio merecido. No seu comunicado, a fundación destaca que foi “un arquitecto utópico, ecoloxista, protector dos recursos naturais e un xeneroso colaborador con arquitectos, enxeñeiros, biólogos, filósofos e historiadores”.

Frei Otto

Algunhas das obras máis coñecidas do arquitecto alemán son o teito do Estadio Olímpico de Múnich (1972), o pavillón alemán para a Exposición Universal en Montreal (1967), a Iglesia de San Lucas en Bremen (1963); e o pavillón xaponés para a Expo 2000 en Hannover en colaboración con Shigeru Ban, o gañador do premio Pritzker do ano pasado. Para todos creo que a súa obra máis representativa é o teito do Estadio Olímpico de Munich, do que me considero un gran admirador pola súa plasticidade e beleza dende a complicación estructural.

Frei Otto Pritzker 2015

Finalmente a ceremonía se celebrará o día 15 de maio no estado de Miami nos Estados Unidos, na sede do New World Center, nunha ceremonia na que se intentará celebrar a súa vida, pero por encima de todo a súa obra atemporal.

Frei Otto Pritzker 2015

The Pritzker Prize | Frei Otto 2015

Top