Crónica da Gala de Entrega dos XVI Premios COAG

XVI Premios COAG

Vimos de vivir a que probablemente é a maior xuntanza de arquitectos de Galicia, os XVI Premios COAG, co gallo de premiar a excelencia na nosa arquitectura, recoñecendo a grande calidade da mesma. Vimos de vivir unha xornada de reencontros, un momento de reflexión, unha excusa para lembrar que, por moita crise que vivamos, en Galicia sabemos facer as cousas ben. E boa proba de iso son as 127 obras presentadas a un xurado que finalmente seleccionou 26 como obras como finalistas, destacando o traballo nelas e a súa calidade. Destas 26, só 9 foron consideradas como excelentes, sendo merecedoras do premio.

Por suposto, na ceremonia houbo tempo para recoñecer a traxectoria profesional de Manolo Gallego, ou, como él mesmo prefire dicir, a súa constancia. Manolo Gallego é a proba vivente de que nesta vida, e máis no ámbito da arquitectura, temos que perseverar e traballar duro. Como él mesmo dixo ao recibir o premio en referencia á situación actual da arquitectura, “de aquí so saímos se traballamos duro, e traballamos xuntos”.

É de recibo destacar o bo rato que pasamos nesta gala, dirixida maxistralmente por Carlos Blanco. A súa aventura como estudante de arquitectura permitiulle atinar e conectar co público xa dende o primeiro momento, regalándonos moito humor e moita reivindicación do noso, do que nos fai ser galegos.

Pero entremos xa nos premiados, nesas obras calificadas como excelentes que dan boa conta do que somos capaces. E comezamos co premio de Rehabilitación, que se levou consigo Emilio Rodríguez Blanco pola súa Rehabilitación Integral de Vivenda Unifamiliar en Portanova. Esta rehabilitación nace dunha antiga casa de labranza, da que se conservan os muros premietrais. Estes muros se completan cunha fachada transventilada de madeira cun núcleo de formigón, que actúa como acumulador de enerxía. Todo o proxecto pivota en torno á sustentabilidade e o uso de enerxías renovables, resultando nunha arquitectura sorprendente e interesante, cun uso moi intelixente dos materiais, e cuns espazos interiores realmente atractivos.

Rehabilitación Integral de Vivenda Unifamiliar | Emilio Rodríguez Blanco

Rehabilitación Integral de Vivenda Unifamiliar | Emilio Rodríguez Blanco

Pasamos a outra categoría nas que se demostra o nivel arquitectónico de maneira especial: Interiorismo e Reforma Interior, que foi para a Adaptación de Local para Actividade de Cafetería, de Villacé y Cominges Arquitectos. Esta reforma trata de poñer en valor a esencia dun baixo no centro de Vigo, deixando visibles os pilares de formigón (con toda a súa potencia), e engadindo as instalacións do tito á estética quasi industrial que ven sendo tendencia. O traballo cos materiais é básico e tremendamente interesante, e se pode apreciar perfectamente en elementos como a barra ou as carpinterías exteriores. O resultado é un espazo amplo e ben iluminado, cun aire completamente contemporáneo que convive en armonía co edificio Art Decò.

Adaptación de Local para Actividade de Cafetería | Villacé y Cominges Arquitectos

Adaptación de Local para Actividade de Cafetería | Villacé y Cominges Arquitectos

Os protagonistas indiscutibles do seguinte premio son os palés. Jorge García, Fernando Eiroa, Francisco Xabier Barral e Rebeca Eiras se levaron o premio á mellor Arquitectura Efémera pola Ordenación do Festival do Norte 2014. Grazas a un uso moi intelixente do palé como módulo constructivo, estructural e funcional conseguiron crear unha serie de espazos que se colocaron no sitio de forma non agresiva co preexistente. Ademáis, a súa construcción foi moi rápida (3 días para construílo, 3 días de uso, 3 días para desmontalo), e sobre todo, moi económica. O propio presentador da gala, Carlos Blanco, Arousán de pro, destacou o impacto que supuxo este proxecto na Illa, sendo tema habitual de conversa durante moito tempo. Sen dúbida foi unha instalación impactante, práctica, e moi intelixente, que nos da unha idea do futuro que de seguro terán estes rapaces no mundo da arquitectura.

Ordenación do Festival do Norte 2014 | Jorge García, Fernando Eiroa, Francisco Xabier Barral, Rebeca Eiras

Ordenación do Festival do Norte 2014 | Jorge García, Fernando Eiroa, Francisco Xabier Barral, Rebeca Eiras

Chegamos a unha das sorpresas da noite. Na categoría de Vivenda competían máis de 25 obras distintas, dunha grandísima categoría. Tras moita deliberación o Xurado non foi quen de elexir a un único gañador, outorgando o premio “ex aequo” a Manuel Jorreto Díaz pola súa vivenda en Ourense, e a Terceroderecha Arquitectos pola súa Vivenda Unifamiliar en Xuanzo. Da primeira destaca a limpeza das estancias combinada cun uso racional dos materiais, así como a relación interior-exterior, xerando espazos que só poden ser entendidos dende o punto de vista do conxunto. Pola outra banda, a Vivenda de Terceroderecha trata de experimentar co concepto vivenda, liberándose de ataduras formais e buscando un estilo propio.

Vivenda Unifamiliar | Manuel Jorreto Díaz + Vivenda Unifamiliar en Xuanzo | Terceroderecha Arquitectos

Vivenda Unifamiliar | Manuel Jorreto Díaz + Vivenda Unifamiliar en Xuanzo | Terceroderecha Arquitectos

Na categoría de Equipamentos o premio foi a parar a mans de Carlos Seoane e o seu Centro Social e de Ocio BiosaludableDe novo, e como constante na meirande parte dos proxectos finalistas dos premios, a sobriedade dos materiais e a contención arquitectónica son elementos clave no proxecto. As texturas dos materiais son parte esencial na configuración dos espazos, destacando a textura do tableado do formigón como elemento compositivo. Consta este proxecto de cinco características que o definen perfectamente (expresadas na memoria presentada ao premio), que son O Lugar, O Público, A Polivalencia, O Versátil e O Material. Dende logo a proposta da solución a estas cinco temáticas de forma maxistral, resultando nun conxunto equilibrado e comedido.

Centro Social e de Ocio Biosaludable | Carlos Seoane

Centro Social e de Ocio Biosaludable | Carlos Seoane

Pasamos a unha categoría con especial valor para os arquitectos, como é a categoría de Proxecto Fin de Carreira. Nesta edición, Pablo López Prol se levou o premio á súa casa, grazas ao seu Estadio Olímpico na Ribeira do Manzanares. Deste proxecto destaca o traballo tan intensivo que se pode apreciar nel, consecuencia da actitude tomada polo autor á hora de afrontar o proxecto: desfrutar ao máximo do proceso de proxecto, traballando perfectamente todos os ámbitos do mesmo.

Estadio Olímpico | Pablo López Prol

Estadio Olímpico | Pablo López Prol

O proxecto de Castroferro Arquitectos se levou finalmente o premio á mellor obra de Baixo Custo, gracias ao seu Refuxio en Vilaboa. Este proxecto ven a poñer en evidencia algo que o mundo da arquitectura está empezando a constatar: canto máis comedido é o programa, maiores posibilidades de dar con solucións brillantes. Un refuxio que fai patente un estudio intensivo do hábitat mínimo, analizando ata o máis mínimo detalle cada peza que compón o conxunto. O traballo cos materiais é preciso e profundo, sendo esta unha das cualidades máis salientables. Ademáis, e como ben salienta a acta do xurado dos premios, a prefabricación do elemento resulta nun refuxio cálido e acoxedor, fronte a esta percepción tan extendida de que o prefabricado é, necesariamente, frío.

Refuxio | CastroFerro Arquitectos

Refuxio | CastroFerro Arquitectos

Finalmente resta un premio por tratar. E este premio é un premio colectivo, un premio á paixón e á dedicación dun amplo e heteroxéneo grupo de personas como é o equipo de ArquitecturadeGalicia. Na categoría de Divulgación e Investigación, e fronte a 11 proxectos dunha altísima calidade, ésta web se levou finalmente o galardón. O orgullo que sentimos todo o equipo de AG é máximo, tanto polo inesperado do premio, como por ser éste un recoñecemento directo dese mundo no que recén acabamos de aterrizar. Pero sobre todo, o máis importante, é que este premio, esta web, non sería posible sin toda esa xente que nos sigue, nos anima, nos lee, e nos utiliza como referencia e bibliografía á hora de traballar ou de desfrutar do que se fai en Galicia. Sirva este premio para demostrar que en Galicia facemos unha arquitectura excelente, e que os galegos e as galegas temos interese pola arquitectura e polo que esta representa. E que sirva tamén como acicate para que nós sigamos traballando, mellorando a web, e ampliando o proxecto sen descanso. De parte do equipo de AG, Grazas. Moitas grazas.

O equipo de ArquitecturadeGalicia presente na gala dos XVI Premios COAG

Related posts

2 Comments

  1. fernando eiroa said:

    Felicidades en primer lugar por vuestro trabajo, por la labor importantisima que haceis para todos nosotros de divulgacion de la arquitectura.
    Muchas gracias por la parte que nos toca en la noticia y por vuestra indisimulada fe en nuestro trabajo.
    Un abrazo.

  2. Pingback: fotografía premios coag

Comments are closed.

Top
%d bloggers like this: