Voltemos ó Colexio …

Voltamos ó colexio

Parece que voltamos a falar sobre o COAG. Xa tardaba un tema polémico para ter na boca, coma o pequeno Nicolás, o avión de Germanwings, ou do cativo expulsado de Masterchef. Cada quen que asemelle o caso á desgraza que máis lle pareza.

Voltaremos a ver publicacións e candidaturas, nos próximos días e semanas. O pasado luns rematou o prazo para presentar candidaturas para o 12 de maio. (ver na web do Colexio) Coincide tamén que se anuncia un apoio incondicional co que non tiñamos constancia por parte do Goberno (ver noticia).

De esta non pode pasar. Estamos continuamente insistindo no mesmo esquema de funcionamento; e explícome. Achégase unha candidatura, xuntámonos, vemos que cousas van mal, presentámonos, algúns teñen a oportunidade de entrar nesa gran estructura tan montadiña que logo da cousa mudar. Con boas palabras, é unha maneira de dicir que as bases e estatutos limitan, sendo a nosa maneira de responder fronte a estructuras de este tipo moitas veces irreverente, pasota, inxustificada… pero que a fin de contas é a que nos representa e regula por ley.

Consciente de que unha estructura de tal envergadura é unha mole pesada e inmoldeable podería plantexar o que xa se plantexou, nada novo. Re-pensar, Re-facer, Re-caer… ?

Para qué voltar ó mesmo…

Gustaríame recordar aquela estructura que se montara a comezos do ano 2012, que prevía o que logo aconteceu (crise mediática que non foi máis alá, xa que estamos igual que hai catro anos…) que foi o Laboratorio de Ideas (@ideascoag) que tivo a súa conclusión nas xornadas do mes de xuño de ese ano na Sede do COAG de Vigo (un sótano do edificio coa wifi da Moreneta, que ainda non cambiou a clave “patatasbravas”).

As aclaracións que se fan entre paréntese intentan ser un apoio á maneira de ver o asunto, a gravidade del, e tentar, dende o punto de vista máis amable, plantexar a situación de novo.

Tiven a oportunidade de estar no equipo que levou a cabo o laboratorio. (ver) Permitiume coñecer infinidade de opinións e ver directamente a situación, que dende o meu punto de vista ainda pouco experto, e naquel momento ainda máis, o mundo institucional, o control no desgoberno, a complexidade do sistema e a rixidez e falta de frescura, pouca capacidade de convocatoria, escaso seguemento…

Debemos de ver o mundo coas facilidades de hoxe, non remendar aquilo que ainda que nos pese, está condeado a desfacerse (véxase de maneira literal, metafórica ou irónica)

Soamente quero recordarvos a aqueles que chegades a ler isto que xa se falou moito, hai moita base detrais de todo o que voltará agora a sair, e que os debates se deben de comezar dende onde foron rematados, continualos. Déixovos a continuación uns links que poden servir de referencia, que son comentarios na web, noutras webs, videos, conclusións…

Como peche de artigo, chamar á reflexión e a difusión aberta e clara dos programas, das candidaturas, do debate coherente e conxunto, ó que me animo a unirme como representante da masa xoven que intenta traballar e que se encontra con un panorama asustador, pero que pretende sacar conxuntamente os problemas para un canto e facer o que realmente me gusta, aquilo para o que me estiven formando  e que practico todos os días.

Firmo este artigo a modo persoal, aproveitando a oportunidade de formar parte da estructura de esta web, encargada da difusión de arquitectura e que ten este apartado /revista para a opinión e o debate, ademáis da pura difusión.

 

|||

Nota humorística: Na wikipedia figura que o último decano do COAG é Celestino,

“non actualizamos o Colexio nin na wikipedia”

Authors
Top