#ElecciónsCOAG2015 – xornada de reflexión

eleccions coag agora acropolis

O martes día 12 de Maio son as eleccións ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.  O que debera ser unha forma de achegarse a distintas candidaturas, ler propostas programáticas, cambios, continuacións, renovacións, reestructuracións, … sentimos (dígoo a modo persoal, pero coa intención de representar a un grande grupo de persoas) que moitos dos programas das distintas candidaturas non chegaron a todos os colexiados.

Como adoita pasar, unha gran parte da xente, concretando no caso colexial, non se interesa por propostas electorais ata que realmente entra en crise, como pasou hai tres anos. Cando vemos toda a estructura que nos amparou durante anos se ven abaixo con todos nos, o que poderíamos calificar como que acadou o estado límite de servizo (ou ata que poida ser, estado límite último)

Parece mentira que unha lista de candidatos que queira representar e gobernar unha “institución” deste calibre sexa dun calibre tan separatista, moitas veces acusador, convertindo unha campaña nun xogo de acusacións, que por desgraza se fan nas redes sociais, non constando moitas veces nos medios oficiais. Estes debates sería importante recollelos, facelos públicos, facelos xerme dun verdadeiro debate.

Non en tanto, non somos o medio no que iso debe acontecer. Limitámonos a pedir, en outros posibles momentos futuros un debate ben estructurado, que todas as candidaturas cheguen ós colexiados, que haxa unha maior comunicación directa das ideas que se deben levar a cabo, máis que facer visibles acusacións entre iguais, entre compañeiros.

Despois de isto convídovos a respostar a dúas preguntas que son de interese para nós, para coñecer a intención de todos vos a votar nas #elecciónsCOAG2015.

Authors
Top