Fin da Liberdade de Panorama

Torre de control marítimo da Coruña recortada. Fotografía: Dura-Ace

Mañá xoves 9 de xullo vótase unha proposta no Parlamento Europeo que será un duro golpe para a Liberdade de Panorama. Neste link de Change podes firmar para manifestar a túa oposición á proposta, e neste link de Wikipedia podes escribirlle a cada Eurodiputado.

Liberdade de Panorama a 8 de xullo de 2015. Verde escuro: total; Verde claro: só edificios; Amarelo: só uso non-comercial; Vermello: copyright. De aprobarse a proposta os verdes pasarían a amarelo.

Liberdade de Panorama a 8 de xullo de 2015. Verde escuro: total; Verde claro: só edificios; Amarelo: só uso non-comercial; Vermello: copyright. De aprobarse a proposta os verdes pasarían a amarelo.

A Liberdade de Panorama permite publicar fotografías con calquera edificio, estrutura ou obra de arte nun espazo público. A proposta que se vota mañá prohibirá o uso comercial de imaxes destas obras. Pode parecer unha proposta lóxica pero a prohibición de uso comercial impide colgar fotos ou videos en sitios coma Facebook, Instagram, Twitter, Youtube, Flickr e WordPress, e supoñerá un duro golpe para Street View e a Wikipedia en Europa.

Dende Arquitectura de Galicia queremos alertar do incidente de inmediato e abrir o debate a partires de agora. Analizamos o tema dende dous puntos de vista: dende a arquitectura e dende a divulgación.

Como divulgadores preocupanos que a proposta poña en perigo as fotografías que completan a nosa páxina, porque aínda que temos protección por non haber ánimo de lucro, os fotógrafos que amablemente nos prestan as súas fotos poden ser castigados por manter o copyright das súas imaxes.

Torre de control marítimo da Coruña recortada. Fotografía: Dura-Ace

Torre de control marítimo da Coruña recortada. Fotografía: Dura-Ace

Como arquitectos cremos que establecer dereitos de autor de imaxe para os edificios é un despropósito por múltiples razóns. Este énfasis na imaxe favorece á arquitectura do espectáculo e as escenografías de cartón-pedra sobre arquitecturas pensadas, razonadas e humanizadas. O skyline das cidades pasaría a ser unha mercadoría en mans duns poucos editores, arrastrando ó urbanismo por sendas inda máis escuras. O espazo público sería o peor parado se esta proposta se aproba. ¿Que sentido ten unha praza na que os cidadáns non poden fotografarse porque todos os edificios de fondo estan protexidos por copyright? Levando este absurdo a un mundo distópico: ¿que ocorrería se todos fosemos obrigados por outra lei absurda a levar unha cámara de video grabando as 24 horas, subvencionada por compañías privadas? ¿Teríamos prohibido levantar a vista para non infrinxir os dereitos de autor dos arquitectos de principios do século XXI?

Related posts

Top