Victoria: Liberdade de Panorama en Europa

Torre de control marítimo da Coruña sen recortar. Fotografía: Dura-Ace

A proposta que poñía en perigo a Liberdade de Panorama na Unión Europea foi rexeitada hoxe no Parlamento de Estrasburgo con 445 votos en contra e 65 a favor. Esto implica que se conserva o status-quo polo momento.

A historia completa é máis complexa. As novas publicáronse oficialmente na páxina do Europarlamento.

A Comisión Europea (poder executivo) ten previsto presentar antes do fin de 2015 unha proposta para adaptar as leis sobre dereitos de autor ó mundo dixital e homoxeneizar as leis en toda a UE. No Europarlamento (poder lexislativo) a eurodiputada Julia Reda (Partido Pirata, no grupo Os Verdes – Alianza Libre Europea) elaborou un informe para incluir nesa proposta entre outras cousas a protección da Liberdade de Panorama e estendela a todos os paises da Unión Europea. O eurodiputado Jean-Marie Cavada (Mouvement Européen-France, no grupo Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa) pola contra, propuxo unha enmenda na que o uso comercial de reproducións de edificios públicos necesitaría permiso dos titulares dos dereitos de autor. Como salientamos onte, a limitación de uso comercial implica que non se podería subir case ningunha foto dun espazo público á web. Ante esa enmenda, o informe de Reda foi sometido a votación hoxe pola mañá, obtendo 445 votos a favor, 65 en contra e 32 abstencións (hai 209 eurodiputados que non constan no comunicado do Europarlamento), asegurando así a Liberdade de Panorama nos paises que a disfrutaban ata que se aprobe a proposta da Comisión Europea.

Liberdade de Panorama a 9 de xullo de 2015. Verde escuro: total; Verde claro: só edificios; Amarelo: só uso non-comercial; Vermello: copyright; Raiado en verde escuro: paises da UE que poderían reconquistar a Liberdade de Panorama

Liberdade de Panorama a 9 de xullo de 2015. Verde escuro: total; Verde claro: só edificios; Amarelo: só uso non-comercial; Vermello: copyright; Raiado en verde escuro: paises da UE que poderían reconquistar a Liberdade de Panorama

De aquí a uns meses, polo tanto, teremos unha nova lexislación paneuropea sobre copyright e, inda que con este informe a situación parece non ser tan grave como hai uns días, é importante abrir xa o debate sobre estas cuestións. Co amplo apoio recibido para o informe de protección da Liberdade de Panorama, concienciando á sociedade é posible conseguir estendela ó resto da Unión Europea: Francia, Italia, Bélxica, Luxemburgo, Dinamarca, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Eslovenia, Rumania, Bulgaria, Grecia, e Chipre.

Atomium de Bruselas, Belxica, censurado. Fotografía: Nro92 + Romaine

Atomium de Bruselas, Bélxica, censurado. Fotografía: Nro92 + Romaine

Máis información nas seguintes ligazóns:

Comunicado de Reda 9 de xullo

Europarlamento 9 de xullo

Europarlamento 2 de xullo

Related posts

Top