Bartlebooth – arquivo itinerante

Imagenesfb4_3508

Bartlebooth non é exclusivamente unha publicación, nunca o foi, é un experimento. Baixo esta premisa, o cuarto número, As Virtudes, concibiuse con dous elementos complementarios: unha publicación física que aglutina as aportacións de cuarenta colaboradores, e un Arquivo Itinerante, unha exposición ambulante e informe que irá percorrendo diferentes localizacións. Ó igual que un circo ou unha feira, a instalación irá de lugar en lugar, desplegando os seus bártulos alá onde lle deixen, deteriorándose e remendándose co paso do tempo.

Así se presenta o Arquivo itinerante que está aberto a colaboradores ata o día 18 de Outubro.

¿Qué necesitan? Que sexades os comisarios, os recolectores, os sampleadores. Que seleccionedes do voso arquivo persoal, propio ou impropio, aqueles fragmentos (imaxes, textos, gifs, recortes…) que mellor representen ata vinte virtudes (unha por imaxe) e que llas fagades chegar para podelas incorporar ó Arquivo Itinerante. Vinte imaxes que, para vos, representen mellor que ningunha outra unha virtude determinada na cidade contemporánea.

Todo ese material será agregado de maneira inmediata ó Archivo Itinerante e será exposto ó longo de distintos puntos.

Envía as virtudes a archivoitinerantebartlebooth@gmail.com

Authors
Top