Esta semana propoñemos novos artigos e novas temáticas. Vamos a facer un resumo sobre as obras que temos publicadas ata o de agora, nunha serie de mapas que se irán actualizando a media que vaiamos aumentando a nosa base de datos, polo que nunca quedarán obsoletos.
Continuamos neste segundo día da semana coa década dos 70. Sobre o plano maniféstase o eixo atlántico como foco principal de obras. Tendo como principal novidade en comparación ó mapa dos anos 60, o crecemento de obras en Santiago de Compostela (Temos que aclarar que non figuran todas as obras ata o de agora no noso mapa, pero que de todos os xeitos a cantidade de obras que hai recollida pode ser unha mostra representativa da realidade arquitectónica do momento).
Fóra das grandes cidades vense destacadas as obras da zona entre a Coruña e Santiago, con proxectos interesantes como as Vivendas do pobo experimental de Seoane, perto de Cerceda, a casa do Concello de Trazo e as universidades laborais, como a Universidade Laboral en Culleredo, e a Universidade Laboral de Ourense, de Xulio Cano Lasso.
Este é un pequeno extracto. Coma no artigo anterior, achegamos unha pequena táboa resumo dos autores e do número de obras por localidade. Táboas coma esta pódense elaborar a partir da información das táboas que xera esta web automáticamente. Podes probar na parte inferior da web a facer o teu propio mapa.
Arquitecto/ Provincia/número de obras
Alberto Baltar Tojo | Pontevedra | 1 |
Alejandro de la Sota | Pontevedra | 2 |
Andrés Fernández-Albalat Lois | A Coruña | 2 |
Carlos Meijide | A Coruña | 3 |
Carlos Meijide | Lugo | 2 |
Carlos Meijide | Pontevedra | 1 |
César Portela | Pontevedra | 1 |
César Portela e Pascuala Campos | Pontevedra | 1 |
Desiderio Pernas | Pontevedra | 4 |
Desiderio Pernas Martínez | Pontevedra | 1 |
Fernando Capa e Rosario Guitiérrez | Ourense | 1 |
Fernando L. Plaza, Javier Picabea e Luis L. Fondo | Lugo | 1 |
Jose Antonio Franco Taboada | A Coruña | 1 |
Jose Antonio López Candeira | Pontevedra | 1 |
José López Zanón e Luis Laorga Gutiérrez | A Coruña | 1 |
Julio Cano Lasso | Ourense | 1 |
Manuel Gallego | A-Coruña | 3 |
Manuel Manzano-Monís e Mancebo | Lugo | 1 |
Mario Soto | A-Coruña | 1 |
Mario Soto | Pontevedra | 2 |
Mario Soto e Myriam Goluboff | A-Coruña | 1 |
Pascuala Campos | Pontevedra | 1 |
Rafael Baltar e Bartolomé Argüelles | A Coruña | 1 |
Rafael Baltar e Jose Antonio Bartolomé Argüelles | A-Coruña | 1 |
Ramón Vázquez Molezún | A Coruña | 1 |
Tomás Pérez-Lorente Quirós e Francisco Yáñez Ulloa | Pontevedra | 1 |
Vicente Roig | A-Coruña | 1 |
Xosé Bar Boo | Pontevedra | 4 |
Xosé Bar Boo e César Portela | Pontevedra | 1 |