Europan 13 – A Coruña – Bordando o borde

bordando el borde vista general

 “Coñecer, apreciar e recoñecer o entorno;
comprender, sentir e reclamar o lugar; conservar restaurar e transformar o lugar” 

Yi- Fu Tuan, 1930

bordando el borde planta

O lugar é un concepto dinámico, unha palabra de definición difusa que se sostén na experiencia persoal sobre a paisaxe. Un lugar é fermoso non só nas suas formas, senón nos seus sons, o seu tacto, a súa luz e as miradas encontradas. A área proposta neste concurso é precisamente un conxunto de liñas que se amalgaman no borde da costa, creando un perfil, un horizonte de complexidades que, co paso do tempo se inflamou, transformándose e enredado ata manifestar os seus danos. A complexidade deste territorio: os seus danos, o seu uso e a súa posición desvían a mirada da súa esencia, que tan só se comprende dende un punto de vista perceptivo. É o contraste deste lugar o que desestabiliza a primeira mirada, asusta, desafía. Pero é, precisamente ahí, onde radica o seu interese e a súa beleza. Dibuxar este territorio é reflexar aquilo que é bon nese lugar, e tan só con unhas liñas máis de un proxecto de arquitectura, mostrar a súa natureza.

esquema conexiones bordando el borde

A proposta busca resolver e curar os pequenos danos que se recoñecen no territorio como un prólogo á intervención cun proxecto de arquitectura. A necesidade desa análise previa ou proposición prolongada do proxecto nace da mirada sobre o territorio. Unha mirada curiosa, interrogativa, analítica e crítica.

A proposta defínese a través de catro intervencións conceptuais que se materializan a través do proxecto:

-Reestructuración territorial

-Reorganiación da movilidade e as conexións

-Reactivación do borde marítimo

-Revisión e reordenación do texido residencial

bordando el borde materno

O prefixo “re” atópase presente na intervención, é unha forma de recordar que o territorio está cargado de potencialidades, e que son apenas os danos superficiais os que o levaron ata un punto decadente de deterioro. Non se trata dun territorio que requira unha solución masiva e protagonista, senón máis ben un territorio que recupere un estado de equilibrio sobre o cal se poida propor unha evolución no tempo sostida, coherente e sensata en términos de crecemento e movilidade. Para iso requírese e proponse unha solución composta de nodos que xeran unha intervención entramada e contínua sobre o territorio. Un proxecto que se perciba integrado na paisaxe e que o axude a funcionar correctamente apoiándose neses nodos.

bordando el borde piscinas

” Non hai paisaxe feito, definitivo e formado, cada un componse dos elementos anteriores e dos que lle veñen combinados despois, nun intre apenas, é unha forma rápidamente desfeita, gardada na lembranza coma un esquema de seísmo iniciado”

[Otero Pedrayo]

Segundo premio Europan 13 – A Coruña: Autores Nuria Prieto González, Diego Lucio Barral, Omar Curros Simón, Ángel Montero Pérez, Hugo Malvar Álvarez

Descarga os paneis e consulta outros proxectos

Top