Europan 13 – A Coruña – Nice to ´sea´you

europan vista general-01

Nice to ´sea´ you é un programa de activación urbana con diversas iniciativas, públicas e privadas, enfocadas nun ámbito de actuación que contén dous barrios; As Xubias e a Pasaxe, co 2% da poboación da Coruña, situándose entre dous focos urbanos moi desenvolvidos. Este programa transformará a área nun barrio productivo.

europan esquema-01

A área de traballo está definida por unha topografía abrupta e limitada por tres liñas: a Avenida do Pasaxe, a vía do tren e o borde marítimo. É un ecosistema onde se superpoñen dous niveis, un metropolitano, representado pola existencia de grandes vías de comunicación e equipamentos públicos de escala territoria situados sen orde aparente. O outro nivel relaciónase máis coa vida vencellada á ria e ó barrio das Xubias. Estes dous niveis mostran unha desconexión entre sí e o seu entorno.

O programa de activación empeza con determinadas operacións iniciais de conexión, plantexadas por fases. En sentido lonxitudinal resólvese o problema de aparcamento, propóñense dúas paradas de tren de cercanías (unha no novo parque e outra na praza das Xubias), así como unha rede de paseos peatonais. En sentido transversal aparece unha ponte a Santa Cristina (que será un novo enlace interurbano) e as conexións ós equipamentos sanitarios. Estas medidas transformarán o barrio das Xubias nun novo nodo urbano libre de coches.

Plantéanse iniciativas públicas que melloren as condicións da vivienda existente, que atraian nova poboación ó tempo que se reubican os residentes do asentamento irregular. As novas edificacións estarán asociadas á producción e á descontaminación da ría, a novos invernadoiros, zonas de cultivo e marisqueo.

Ata este punto plantéxanse puntos necesarios, que se completarán cos proxectos puntuais nas dúas áreas de actuación que define o enunciado do concurso: a área da actual Conserveira Celta xunta ó poboado chabolista e a zona baixa do Hospital Materno.

A3-01

O parque productivo da Pasaxe será un novo espazo para eventos, enfocado principalmente no edificio que se plantexa recuperar. O orde costeiro será transformado parcialmente nun humedal para o tratamento de agua, formando parte da trama de camiños propostos e convertíndose nunha zona verde en relación co mar.

A tira de aparcamento mantén a súa estructura en toda a súa lonxitude e no entorno ó Hospital, convertíndose na súa cara exterior en zona residencial aberta á ria. O carácter productivo mantense na tipoloxía proposta, capaz de ir medrando e transformándose.

Primeiro premio Europan 13 – A Coruña

Imaxes: recortes dos paneis do concurso. Poden descargarse da web http://flu-or.com/europan
Autores: Yago Liste, Juan Miguel Salgado, Luis Santalla, Alba González, Vanesa Veira, Antonio Antequera, Ander Bados, David Mariño

máis info sobre os outros gañadores e outros proxectos Europan en Galicia

Top