Europan 13 – A Coruña – Paseo pola ría do Burgo

AEREA ZONA 1

Segundo premio: O proxecto desenvolve unha ferramenta paramétrica actuando sobre situacións críticas que poden ser entendidas como obstáculos na paisaxe.

Estas situacións recoñecidas como os operadores da ferramenta de traballo que se desenvolve, son función dun contexto non visible, abstracto e cambiante, e determinante de cara ó desenvolvemento da cidade. Este contexto é considerado de forma paramétrica xerando múltiples solucións segundo as posibles situacións que se dean.

ambito a.1

Todas estas situacións ou operadores actúan dentro dun nexo común. As vías que estruturan todo o ámbito (a avenida Pasaxe de tráfico rodado, a vía peonil que atravesa a zona e conecta cos paseos da ría, a vía de ferrocarril, e a ría que relaciona o ámbito da actuación co municipio de Culleredo e o mar) teñen esa capacidade de xerar unidade e cohesión no territorio con independencia da solución desenvolvida.

ambito b.1

Autores: María Mestre García, Almudena Mampaso Cerrillos, Giammattia Bassanello (IT), Ignacio Moreu Fernández

PLANO GRAL

Authors
Top