Video completo presentación do #Europan e palestra de reflexión sobre o concurso

Etsac 19 02 2016

Onte realizouse a presentación por parte dos equipos agraciados con premio Europan, un dos máis destacados a nivel europeo para arquitectos xóvenes (menores de 40 anos). A ETSAC dentro da súa modestia neste momento e dentro da súa labor de publicación, difusión e defensa dos seus egresados convocou esta xornada.

Comezou coa presentación de cada un dos grupos, os cales vos colocamos as ligazóns para poder descargar:

A Coruña

Santo Tirso e Varsovia (Mención honrosa e Primeiro Premio respectivamente)

Xenebra

A continuación houbo unha mesa redonda, xunto a antigos gañadores de Europan (Xan Casavella, Candido López e María Carreiro, Luciano G. Alfaya e Patricia Muñiz , Pablo Gallego) Mostraron a súa relación co concurso, as experiencias vividas tras gañar e poder construir algunha cousa grazas ó Europan.

A dúbida saltaba á hora de recoñecer se o sistema de concursos é unha boa opción como método de obter traballo e recoñecemento, e se o Europan apoiaba esa filosofía.

Foi unha mágoa non aproveitar o estar na Coruña rodeados de persoal capacitado para opinar sobre os proxectos seleccionados na Coruña, xa que como tal, son ideas que poden completar e apoiar futuras intervencións na área das Xubias e a Pasaxe.

 

 

Top
%d bloggers like this: