#Fetsac ´16 : A crise dos cuarenta

1500x500

Xa está de volta.

Esta é a súa oitava edición consecutiva. En realidade nunca marchou dende o primeiro evento no 2009. Máis ca un festival de arquitectura é toda unha declaración de intencións e unha mostra de que se están cambiando as cousas dende a xente máis nova.

A escola de arquitectura da Coruña tivo momentos importantes a nivel cultural por parte dos alumnos, mas parece que agora se instaurou como regra “saltarse as regras” e propoñer dende os alumnos as actividades e conferencias como mínimo desa semana.

O espírito no que surxiu hai xa oito edicións foi o de propoñer e reivinicar a opinión e desexo dos alumnos na escola. Os que somos da xeración de alumnos anterior á actual lembramos esa semana como toda unha festa, unha provocación que axitaba a xente e os profesores.

Era algo necesario.

A fantástica organización que foi tendo ó longo dos anos reflexa o interese do propio evento e a importancia que ten para o alumno. O feito que sexa o grupo de estudantes (cada ano variado e en aumento) fai ver que as cousas se poden facer ainda con baixo presuposto, que son as ganas de ter contacto con xente diferente, de coñecer e relacionarse con outros que están a propoñer formas de pensar e proxectar distintas. Destas organizacións que foron mudando ó longo dos anos saíron colectivos e agrupacións que viron como podían traballar xuntos.

É un sopro de aire fresco que todos temos que aspirar. Esta semana previa á semana santa, é a semana da fetsac 16.

Podedes seguir as conferencias e novidades na súa canle de youtube e na súa web e storify.

FETSAC16FETSAC15FETSAC14 photo i_fetsac13_zps25628ec8.png photo i_fetsac12_zps6c33d1c9.png photo i_fetsac11_zpsa6aa4231.png photo i_fetsac10_zps918d7ec3.png photo i_fetsac09_zpsa2529a0f.png

https://storify.com/fetsac/

 

Authors
Top
%d bloggers like this: