O límite da cidade : San Pedro de VisMAP

o limite da cidade san pedro de visma

O próximo Martes 05 de Abril, ás 10 da mañá, na Biblioteca do Centro Ágora da Coruña, terá lugar o acto de peche de #OLimiteDaCidade-SanPedroDeVisMAP.

Unha actividade de MAPEO COLECTIVO de San Pedro de Visma desenvolvida polo Colectivo1AUN e que contou coa colaboración da Biblioteca Municipal do ÁGORA, o CEIP de Visma, a A.V.V Loureiro de Visma, e no seu estadío inicial coa Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña da UdC.

O acto, que contará coa presenza de Xurxo Souto, as responsables da Biblioteca do Centro Ágora e os participantes dos mapeos, culmina a actividade de Mapeo Colectivo que o Colectivo1AUN ven desenvoltando dende o pasado setembro e na que teñen participado Alumnos da ETSAC (Escola de Arquitectura), o Alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Visma e veciños da A.V.V. de Loureiro de Visma.

Os traballos realizados durante as sesións de mapeo: Fotografía, Debuxos, Textos…e mais as cartografías resultantes, conformarán unha EXPOSICIÓN no Hall do Centro Ágora até o 22 do presente mes de Abril. Recollerase tamén na presentación e na exposición, un pequeno achegamento áo día a día dos rapaces do CEIP de Visma, facendo unha esquilma da actividades e lugares que visitan, tentando unha aproximación ao entendemento da súa relación coa cidade, cláramente distinta da que puideron ter seus pais ou avós.

vacAgora

A actividade enmárcase no proxecto O Límite da Cidade, que nace como reflexión sobor do entendemento e a intervención nos espazos límite dos compactos urbanos. Trátase de ámbitos de complexidade, onde se atopan diferentes tecidos e xeitos de habitar… escalas contraditorias, usuarios con intereses diversos ou dinámicas de diferente intensidade. En definitiva, entender que ocorre nos espazos da Coruña onde a urbanidade ten formas de amosarse diferentes aos cánones establecidos. Este proxecto arranca xa en 2014 e ten vocación de chegar a todo o conxunto de espazos de A Coruña onde a cidade se manifesta dun xeito alternativo, tendo até o de agora abordado O Castrillón (2014) e o xa comentado San Pedro (2015/6).

Authors
Top