A enxeñería 3D aplicada ao Patrimonio cultural

enxeneria-3d-aplicada-o-patrimonio-cultural

A Deputación Provincial de Pontevedra xunto co Museo de Pontevedra e Xeométrica promoven o evento que terá lugar o vindeiro xoves 24 de novembro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra as 19:30h,

 “A ENXEÑERÍA 3D APLICADA AO PATRIMONIO CULTURAL”

onde amosaranse as distintas técnicas especializadas de enxeñería para a documentación xeométrica e visual, 2D e 3D do patrimonio cultural, así como ferramentas para a súa posta en valor e divulgación, mediante relatorios e demostracións visuais ao alcance dos asistentes.

A apertura e presentación do acto correrá a cargo do Sr. Xosé Leal, Deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra. De seguido o Director do Museo de Pontevedra, o  Sr. Carlos Valle iniciará a xornada co relatorio “Patrimonio e Tecnoloxía”. A continuación será a quenda do Sr. Roberto Cabeceira, CEO de Xeométrica, que faráun repaso das novas técnicas especializadas de enxeñería 3D, as tecnoloxías dispoñibles, súas vantaxes y desvantaxes, e as aplicacións prácticas derivadas do seu uso. Como remate, a Sra Cristina Montojo, da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, exporá xunto a Roberto Cabeceira,a Enxeñería 360 aplicada como  sistema para a documentación e posta en valor da heráldica do casco histórico de Pontevedra.

A xornada contará con exposicións interactivas de diversos modelos xeométricos 3D relacionados a proxectos que Xeométrica ven desenvolvendo coa Dirección Xeral de Patrimonio e diversos Concellos. O Casco Histórico de Combarro, a Escalinata de San Martiño Pinario, Santa Eulalia de Bóveda, así como unha presentación interactiva do proxecto de entorno virtual 360 sobre Torre da Pena de Xinzo de Limia e unha demostración  do uso de Realidade Aumentada aplicada á divulgación do Patrimonio Cultural, serán os exemplos a presentar.

O peche e clausura da xornada está previsto para as 21:15h.

Programa:

  • 19.15h. Recepción.
  • 19.30h. Relatorios.
  • 20.30h. Demostracións.

 

Emprazamento: https://goo.gl/maps/2STnXLExo3t

Organizadores:

Authors

*

Top