Ludantia | I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade.

Ludantia I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade

O pasado 7 de outubro tivo lugar na facultade de Belas Artes de Pontevedra a primeira actividade convocada no marco de Ludantia, a primeira Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade.

“Ludantia é un punto de encontro que trata de xuntar experiencias relacionadas coa Educación en Arquitectura para nenos e nenas, mozos e mozas no ámbito internacional. Trátase dunha plataforma desde a que compartir, debater, experimentar e difundir proxectos educativos e de investigación que traballan co espazo (doméstico, social, urbano, rural, natural, humanizado,…) e nos que o neno e a nena, o mozo e a moza son protagonistas. […] A Bienal busca ser un evento de apertura social no que intercambiar experiencias en torno á educación en arquitectura e profundar a nivel metodolóxico e de investigación, pero tamén unha vía para amosar o enorme potencial transformador que a infancia/mocidade ten sobre os nosos espazos comúns e facelo coa mellor ferramenta posible: os proxectos educativos.”

Podedes ver os vídeos gravados durante a primeira actividade por Xosé Manuel Rosales Noves, Director Executivo da Bienal, na páxina da Universidade de VigoResulta especialmente interesante a metodoloxía educativa que seguen as escolas de Reggio Emilia, que Javier Abad explica neste vídeo a partir do minuto 8:47.

Ás próximas xornadas atópanse programadas para o venres 11, e o luns 21 de novembro; ámbalas dúas de 16:00 a 20:00 no espazo 16 da facultade de Belas Artes de Pontevedra. O venres 11 de novembro preténdese que os que teñan proxectos en marcha e experiencias previas arredor da Educación en Arquitectura puideran facer unha breve exposición dos seus traballos (15’-20′) para compartilos co resto dos asistentes. O luns 21 de novembro terá lugar unha xornada de formación coa presenza de Jorge Raedó (Osa Menor), Virginia Navarro (Cuartocreciente), Carlos Urruti e Anabel Varona (Maushaus).

É moi importante que confirmedes a vosa asistencia enviando un correo electrónico a actividades@ludantia.org xa que no caso de non ter un mínimo de resposta e compromiso de participación, cancelaríanse as xornadas. Tendes máis información á vosa disposición na páxina da Bienal ou nos documentos da convocatoria:

Convocatoria completa da Bienal

Convocatoria resumida

Impreso de inscrición

Authors
Top