Premios COAG XVII

premioscoag xvii arquitecturadegalicia

O pasado venres ás 8 da tarde fíxose a entrega dos premios no Teatro Principal de Ourense, unha edición na que sorprenderon a cantidade de premios “ex aequo”. Vamos enumerar os gañadores de cada unha das categorías e facemos a continuación unha valoración do evento e das particularidades da edición.

En primeiro lugar destacar o premio á traxectoria para José Javier Suances Pereiro, cuarto galardoado na historia dos premios á traxectoria, despois de Xosé Bar Boo, Andrés Fernández-Albalat e Manolo Gallego.

As categorías e os gañadores:

Baixo custo

  • Chic&Cheap de Martin Insua Calvo e José Barreiro Carreño – Cruceiro de Barro (Noia)

Equipamentos

  • Centro de Actividades Mariñeiras e Cabanas do Barranco de Salgado e Liñares – Ousesende (Outes)
  • Reforma e ampliación de centro docente-asistencial Down de José Luis Martínez Raído e Emilio Rodriguez – Pedralonga (A Coruña)

Divulgación e investigación

  • Longametraxe documental “A Seara” de gAU arquitectura e urbanismo

Vivenda

  • Cooperativa de vivendas Galeras Entrerrios de Carbajo y Barrios arquitectos asociados – Santiago de Compostela
  • Vivienda unifamiliar aislada de Soma Arquitectura- Cabanas

Proxecto Fin de Carreira

  • Fablab na Coruña de Sandra González
  • O Fogar do pobo de Jorge Enríquez

Reforma e interiorismo

  • Xeladería Bico de Xeado de Faustino Patiño, Juan Prieto e Andrea Fernández en Baiona

Deseño Urbano / Espazos abertos

  • Miradoiro de Pedra de Rá de Carlos Seoane – Ribeira

Rehabilitación

  • Rehabilitación da Casa da Viña de Seara Peleteiro – Allariz (Ourense)

 

Pódese consultar o mapa en google Earth no seguinte arquivo:

 

Curiosidades do evento

¿Retransmisión para colexiados?

http://portal.coag.es/coag/retransmision-en-directo-da-gala-de-entrega-dos-xvii-premios-coag-de-arquitectura/

Resulta que nesta edición onde a arquitectura se quere facer ver ó público, despois de dezasete anos de século vinteún, continuamos a non poder disfrutar do evento en directo en aberto. Só a través desta ligazón se puido consultar o evento, que soamente interesaba ós finalistas colexiados, a algún que outro promotor concienciado na nosa profesión e ós papás e mamás dos arquitectos que alí estaban. Se lle puidese interesar a outra persoa, pois non había ocasión.

 

#haimulleres

http://portal.coag.es/coag/hai-mulleres-hay-mujeres/

A gala tivo dous momentos emotivos, un foi a entrega e as palabras do mestre Javier Suances, e outro foi o momento reivindicativo das mulleres, que queren facer ver o seu valor e dar a coñecer as cifras de desigualdade que existen a dia de hoxe.

 

Sobre os fines de carreira

Entre as poucas propostas que se presentaron decidiuse dar o premio ex aequo. O dato do número de estudantes que se colexian é alarmante e escaso. Incluso os grupos de estudantes que se quedan en Galicia e intentan exercer a profesión, con sorte e un pouco de valor chega a colexiarse un deles para meterse neste ámbito difícil, no que hai que loitar cada día para ter a oportunidade de desenvolver aquilo para o que ainda a día de hoxe, e digoo no meu lugar, teño a opinión de que non estamos suficientemente habilitados.

 

O papel do colexio

Como introducción presentouse un “video” coas imaxes que recordaban todas as accións que levou o COAG nestes anos. Descoñezo a cantidade de inversión en cursos, actos de difusión, presentacións, actos de apoio a obras en situación comprometida, etc, pero sabe a pouco. Débese facer mais, moito máis, e de calquer maneira, contalo mellor, e chegar a máis xente, non só a nosa xente.

 

 

Acceso á lista na web do COAG

Authors

*

Top