Cartografías textis

IMG_3676

Fai cousa dun ano e medio coñecín a Rosario. Sorprendeume o dinamismo co que conta o seu traballo e a profunda reflexión que ten detrais. Na mostra que dende estes días se pode ver na ETSA da Coruña, móstranos entre fios e telas unha colección de lugares e territorios, que se poden recoñecer perfectamente nas súas costuras.

IMG_3707

No seu blogue convídanos a ver os seus mapas da Gran Vía de Madrid transformada nunha póla do Árbolgrassy, a coñecer os tecidos brancos do Báltico, a ver cómo se tinguiron os as telas do  sobre a Foz de Oporto, a recoñecer o Camaarote de Paula na Haciadama incluso chegando a coñecer a historia de San Francisco a través do deseño do pobo da “Yerba Buena

presidio

O seu blogue está cheo de curiosidades cunha rica mistura entre as técnicas de costura e as historias que hai por detrais do que representan. Convidovos a visitalo beldabelda.wordpress.com , trátase dunhas leccións de urbanismo e historia en toda regra. Móstranos como dende o seu punto de vista se vai creando a idea do que quere representar, moi valioso á hora de enfrontarse cun plano, e cóntanolo paso a paso, como se dun programa de manualidades se tratara. Un caso moi interesante é o plano que fixo de Betanzos.

https://beldabelda.wordpress.com/2016/09/29/proyecto-betanzos/

 

Authors
Top