Ferramentas de consulta urbanística en Galicia

portada planeamento

Vamos polo bo camiño. Dende fai uns anos a esta parte os arquitectos, e todo aquel interesado na normativa urbanística, vemos como apareceron puntualmente ferramentas dixitais por parte das administracións que nos facilitaron o coñecemento sobre os planeamentos ou normas subsidiarias que aínda perduran. Pola miña parte, destacar o fantástico portal do Concello de Oleiros, do que vos deixo a ligazón mais adiante.

Para os que aínda non coñecedes estas ferramentas de consulta, aproveitade este artigo para empregalo como guía para as consultas que teñades que facer en todo o territorio galego. Explicareivos cómo chegar á normativa dunha zona, parcela ou concello a través das distintas ferramentas que existen hoxe en día, máis alá da obrigatoria visita ás oficinas de urbanismo respectivas.

No final do artigo atoparedes as ligazóns a páxinas concretas dos concellos galegos que implementaron o seu propio sistema, pero comezaremos polo nivel autonómico.

Parece que cada departamento da Xunta traballa pola súa parte e non chegaron a crear unha ferramenta capaz de aglutinar as demáis. A día de hoxe (espero que nun par de anos se podan resolver estas problemáticas e este artigo deixe de ser útil) ; a ferramenta guía para o planeamento debería de ser a páxina SIOTUGA . Trátase dun portal de consulta onde se atopa un visor onde se pode cargar e consultar o planeamento sobre un mapa base e onde se atopa un listado dos concellos onde se atopa (non de todo) a normativa urbanística actualizada.

siotuga principal

O visor aparenta que pouco máis nos aporta que a Guía Michelín no momento que entramos… pero se escollemos o concello que queremos consultar, inmediatamente nos carga unha capa sobre o mapa coa zonificación do planeamento. Se nos axudamos de esto e vamos ó icono de descargas e clicamos sobre a zona que nos interesa xa nos descarga o plano de ordenación a escala 1:2000 xeralmente desa zona.

siotuga

A outra maneira de acceder a esta cartografía é a través do apartado “Inventario municipal” onde a través do listado de concellos atopamos un listado que mantén una certa estructura mínima (que depende de cada concello) que se divide en tres partes fundamentalmente:

  • planos de ordenación
  • normativa
  • memoria

A outra ferramenta provén do antigo portal de mapas CDIX, que agora se aloxa na páxina mapas.xunta.gal . Esta páxina non aporta o planeamento directamente, pero sí ten unha ferramenta opcional que nos fai ver que non estamos moi lonxe de atopar un sistema integrador de todos os planos. Trátase dunha aplicación un pouco agochada tras un icono en forma de panel de abella , na que podemos escribir algunha dirección dun servizo WMS e que nos superpón unha capa por riba.

mapas xunta

É moi útil por exemplo coñecer o servizo WMS do catastro, que se o superpoñemos a este mapa, axúdanos (moito mellor que a propia páxina do catastro que tamén espero non ter que criticar de novo no futuro) :  Apuntadeo! xa que serve para coñecer e descargar as fichas catastrais con maior sinxeleza, unha vez que carga a capa do catastro simplemente é clicar sobre a parcela que interese.

http://ovc.catastro.meh.es/Cartografia/WMS/ServidorWMS.aspx

A nivel de Galicia, convén destacar outras ferramentas como a de Augas de Galicia, que mantén o seu propio portal, ainda que está incluido parcialmente dentro do portal mapas.xunta.gal ; se fedellades nas capas atoparédelo.

Este “desplegue” tecnolóxico, un pouco mellor encauzado por todos os ámbitos, chegará a darnos unha mellor información sobre o que regula a parcela na que estamos a proxectar, ou sobre a zona que vamos a revitalizar ou estudar.  Un maior estudo exhaustivo do solo permitiranos ter unha mellor base de estudo urbanístico que se está a demandar cada día con maior forza.

Como vos prometera, aquí están os portais propios de cada Concello (ata agora os que coñezo) que favorecen unha consulta rápida, para todos aqueles que o coñecen, claro…

Concellos:

  • Oleiros: un dos máis antigos. Permite ver a normativa directamente clicando sobre o plano. Non é demasiado intuitivo ó principio, pero resolve todas as dudas sobre a parcela de estudo, así como elabora unha ficha individualizada por cada parcela.
  • Santiago de Compostela: moi pouco accesible dende a web. Ten bastante tempo de carga das novas capas, pero tamén ten unha opción para engadir arquivos KML ou WMS superpostos ó mapa.
  • A Coruña: Un dos máis recentes e completos. Permite a descarga de múltiples arquivos, incluidos arquivos vectoriais e ortofotos, ainda que noutro portal paralelo (clic aquí)
  • Ourense: de pago! Non permite a consulta do planeamento a través dun portal. Simplemente é un visualizador de planos. Neste e nos demáis casos que non teñen un portal propio, persoalmente recomendo o SIOTUGA.
  • Pontevedra: copia o esquema do SIOTUGA

Unha conclusión positiva é que non temos nada que envexar ó resto de concellos e cidades españolas, estamos nun bo camiño no que só hai que tomar as decisións apropiadas.

Referencias españolas:

Convídovos a que comentedes con outras ligazóns para completar a lista.

Authors

*

Top