Obradoiros de morfoloxía urbana

delantera

As xornadas de morfoloxía urbana da UdC, buscan recoller o testigo deixado polas experiencias do PNUM en 2015 e 2016, tentando no encontro de A Coruña (na ETSAC e a Fundación Seoane) establecer unha reflexión sobre a situación actual da Cidade Europea. Toda mudanza da estrutura habitacional existente, deberá basearse nunha profunda compresión das leis e resortes que a estruturan, comprendendo as súas potencialidades certas e poñendo en valor a flexibilidade e capacidade de adaptación que xa ten demostrado. É por isto que se plantexa unha análise apoiada en 5 liñas de pensamento que permitan ao participantes dotarse dos medios necesarios para abordar os actuais e futuros retos de redefinición das formas urbanas. As liñas sobre as que apoiar a reflexión e o traballo serán as seguintes:

– Escola Italiana
– Escola Anglosaxona
– Escola Francesa
– Escola Catalana
– Space Syntax

Empregando os diferentes métodos de análise, e nunha estrutura de obradoiro, os asistentes ocuparán dúas xornadas e media ao entendemento da Área Urbana de A Coruña, achegándose
detidamente a cada unha das súas partes definitorias:
1. DA PRAZA DA FARIÑA AO PARROTE – OS TECIDOS DE ORIXE MEDIEVAL
2. A PEIXERÍA – SAN ANDRÉS – OS TECIDOS DO ARRABAL MARIÑEIRO
3. O ENSACHE DA ESTACIÓN – OS CASTRO – OS TECIDOS DA CIDADE MODERNA

Alumnos

Estudantes de arquitectura e urbanismo, socioloxía, xeografía, historía ou enxeñería de camiños, así como persoas egresadas e mesmo alumnado de mestrado e doutoramento, con interese no urbanismo e a construción da cidade contemporánea.

Titores Arquitectos

-Giuseppe Strapa (IT)
-Xose Lois Martinez (GL)
-David Leite (PT)
-Laura Vaughan (EN)
-Vitor Oliveira (PT)
-Alfonso Diaz (GL)
-Teresa Marat (PT)
-Cristina García Fontán (GL)
-Cándido López (GL)
-Ibon Bilbao (CAT)
-Valerio González (GL)
-David Rio (GL)

Titores doutras disciplinas

-Ismael Pensado Veloso (Doutor de Historia)
-Xurxo Souto (Artista, poeta)
-Manuel García Docampo (Sociólogo)
-María José Piñera (Xeógrafa)
-Carlos Nárdiz (enxeñeiro)

INSCRIPCIÓN E DATAS DO CURSO

https://goo.gl/mszxNI
DO 19 DE MAIO AO 30 DE XULLO de 2017

Descarga o programa de actividades

Pódese facer un seguemento das actividades e conclusións do curso na páxina web:

https://pnumcoruna17.wordpress.com

Authors

*

Top