Premios Enor 2017

premios-enor-005

O pasado luns celebrouse a gala de entrega dos sétimos premios Enor. Tivo lugar na sede da empresa, no polígono de Valadares (Vigo). A gala contou coa presenza dos responsables da empresa, dos premiados e de representantes políticos. Despois da entrega do galardón cada gañador daba unha pequena presentación do proxecto para os presentes.

premios-enor-002Jaume Mayol e Irene Pérez

O Premio Enor Arquitectura Joven 2017 foi para o equipo mallorquino TEd’A arquitectes (Jaume Mayol e Irene Pérez). Unha vez entradado o premio fixeron unha breve presentación da Can Jordi i n’Àfrica en Montuïri (Mallorca). Titulárono “Sospecha de estiércol” en referencia a un libro de Josep Llinàs (ediciones asimétricas, 2015). Este concepto trata de poñer de relevancia o refugallo no proxecto de arquitectura. Como o arquitecto Jujol que empregaba elementos do lixo como ornamento. Neste caso usouse unha pedra reciclada para o cerramento da vivenda. Deseñase un hábitat denso con diferentes cotas interiores. Os ocos realzan o espesor do muro que se emprega para dipor baños, armarios e elementos secundarios. É un muro equipado.

TEdA-arquitectes-can-jordi-africa-26-300ppp-1200x1200

Segundo o xurado:
«Cómo a través de la profundidad de la materia y su memoria puede configurarse una obra altamente expresiva. Se reconoce cómo se usa el programa para reformular un modo de habitar ligado a un exquisito control dimensional de los espacios.»

premios-enor-004Emilio Tuñón

O Gran Premio Enor 2017 foi para o moi recoñecido estudio de Luis Moreno Mansilla e Emilio Tuñón, polo seu museo de Museo de las Colecciones Reales (Madrid). Será a última obra do falecido Luis Moreno, para o que houbo un recordo cariñoso por parte do seu compañeiro Emilio, quen tamén explicou a obra para os asistentes.

O museo atópase nun lugar moi complexo. Madrid tivo orixe nese promontorio e supón o núcleo monumental da capital. A intervención ten que coser moitas capas de historia sedimentadas no lugar. Trazas da muralla primitiva, o palacio real, varias ampliacións do mesmo e a catedral da Almudena. E salvado ao tempo un desnivel de 30 m. Polo que o novo edificio vai facer de nexo entre todos os tempos. Establecendo un diálogo con linguaxe contemporánea pero con referencias a materialidade do lugar. O cambio de nivel vaino aproveitar para construír unha nova fachada para o Manzanares e conectar as dúas cotas.

Segundo o xurado:
«El impacto de la arquitectura en la memoria de la ciudad y especialmente del lugar, sabiendo hacer convivir lo contemporáneo con un contexto histórico y patrimonial; asimismo se reconoce lo acertado de su carácter híbrido entre museo e infraestructura. El Museo de las Colecciones Reales habla de los valores permanentes de la arquitectura..»

Fotografías de Rubén Ulloa
Planos dos seus  autores

Authors
Tags , ,

Related posts

*

Top