A praza da Fábrica de Tabacos acollerá o pavillón “Tribuna Pública”

TRIBUNA-PUBLICA-Coruña-Arquitectura-de-Galicia

A estrutura temporal, que se instalará a mediados de mes, servirá de foro para dar voz á cidadanía e ás entidades, así como para desenvolver unha programación social e cultural. A presentación da iniciativa levarase a cabo esta fin de semana, con coloquios e actuacións artísticas na propia explanada.

A explanada da Fábrica de Tabacos albergará dende o mes de decembro unha instalación temporal, denominada Tribuna Pública, que funcionará como un espazo aberto para a participación, a exhibición e o intercambio de iniciativas artísticas, culturais e sociais en relación aos terreos dos portos interiores da cidade e os seus futuros usos pero tamén sobre a súa memoria.

Para iso, o pavillón temporal converterase “nun reclamo dende o que estimular o pensamento e tamén nun espazo independente para dar voz a toda a xente que queira exercitar o seu dereito a falar”, tal e como explicou Juan de Nieves, curador de arte, que insistiu na necesidade de que a estrutura da praza de Tabacos sirva para “falar con todo tipo de voces independentes, de asociacións, de veciños e veciñas, de colectivos de todo tipo de reivindicacións vinculadas ao porto”. Así, o coordinador avanzou que Tribuna Pública acollerá colaboracións coa Universidade da Coruña e a Universidade Sénior, fará contribucións ás festas populares, organizará encontros con xente moza, asociacións veciñais e outras entidades do tecido da cidade en diferentes sectores e ámbitos e albergará actividades culturais, entre outras accións.

20181205-Cartel-Tribuna-Pública

Previo á construcción do pavillón delimitarase o espazo os días 8 e 9 de decembro a través dun programa inaugural é o de “significar” a praza, un espazo público relativamente novo, malia situarse entre dúas institucións senlleiras da cidade, a antiga Fabrica de Tabacos (hoxe Audiencia) e a Casa do Mar, e dotado dun profundo compoñente simbólico e identitario, que con todo foise diluíndo nas últimas décadas pola inercia da súa propia configuración urbana. Nestes primeiros días de apertura da praza queremos insistir na idea de reconquistar o espazo público para uso e goce cidadán, tanto desde unha perspectiva social e asociativa, como a través dunha serie de eventos artísticos que tomarán a praza como un escenario para a investigación a través do corpo e da voz.

 

*

Top