Manuel Gallego Jorreto tras recibir o recoñecemento | ArquitecturadeGalicia Como remate da serie de entrevistas que fumos publicando ao longo das últimas semanas énchenos de ledicia poder compartir a conversa que tivemos con Manuel Gallego Jorreto, Premio COAG á Traxectoria Profesional.
XVI Premios COAG de Arquitectura. Entrevista a Luz Paz Agras
Spanish Dream | Ana Amado, Cadelas Verdes A penúltima das nove conversas que tivemos tralos XVI Premios COAG de Arquitectura concedéunola Luz Paz Agras, que xunto con Ana Amado Pazos e Marta Marcos Maroño fora premiada ex-aequo na categoría de Divulgación e Investigación na anterior edición dos Premios COAG polo proxecto Spanish Dream.
XVI Premios COAG de Arquitectura. Entrevista a castroferro arquitectos
O Refuxio, en Vilaboa | castroferro arquitectos Hoxe compartimos convosco a sétima das nove conversas que tivemos tralos XVI Premios COAG de Arquitectura. Falamos con castroferro arquitectos, que foron premiados na categoría de Baixo Custo polo O Refuxio, en Vilaboa. Pódese consultar máis información sobre o proxecto na plataforma en liña dos Premios COAG.
XVI Premios COAG de Arquitectura. Entrevista a LCG arquitectura
Ordenación do Festival do Norte 2014 | LCG arquitectura Continuando coa serie de entrevitas dos XVI Premios COAG de Arquitectura, nesta ocasión falaremos con LCG arquitectura: Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo que xunto cos estudantes Francisco Xabier Barral Fernández e Rebeca Eiras Bohorque, foron premiados na categoría de Arquitectura Efémera pola Ordenación do Festival…
XVI Premios COAG de Arquitectura. Entrevista a Carlos Blanco
Carlos Blanco durante a gala dos XVI Premios COAG de Arquitectura | ArquitecturadeGalicia Chegados ao ecuador desta serie de entrevistas dos XVI Premios COAG de Arquitectura vos deixamos a Carlos Blanco Vila, quen como presentador amenizara a cerimonia de entrega dos galardóns.
XVI Premios COAG de Arquitectura. Entrevista a Villacé e Cominges
Adaptación de local para actividade de cafetería en Vigo | Villacé e Cominges Nesta cuarta entrevista dos XVI Premios COAG de Arquitectura vos presentamos a José Javier Villacé Rodríguez e Martín de Cominges Carvallo, galardoados na categoría de Interiorismo e Reforma Interior pola Adaptación de local para actividade de cafetería en Vigo. A documentación do proxecto está dispoñible na plataforma en liña dos…
XVI Premios COAG de Arquitectura. Entrevista a Emilio Rodríguez Blanco
Rehabilitación integral dunha vivenda unifamiliar en Coeses, Lugo | rodríguez blanco arquitectos A terceira entrevista dos XVI Premios COAG de Arquitectura que compartimos concedéunola Emilio Rodríguez Blanco, galardoado na categoría de Rehabilitación pola Rehabilitación integral dunha vivenda unifamiliar en Coeses, Lugo. A documentación do proxecto está dispoñible na plataforma en liña dos premios COAG.
Reportaxe fotográfico da gala dos XVI Premios COAG
Despois dos dous artigos previos (Crónica da Gala de Entrega dos XVI Premios COAG + Adianto informativo), aínda seguimos a traballar con todo o material elaborado o pasado venres día 13, na Gala dos XVI Premios COAG. Ademáis de acudir case toda a equipa, levamos ao noso fotógrafo oficial Adrián Capelo, que durante o evento…
Adianto informativo
Como moit@s xa sabedes, o pasado venres día 13 celebrouse a entrega da decimosexta edición dos premios COAG. A gala tivo lugar en Vigo, alí déronse a coñecer os gañadores deste ano. Entre os gañadores atopámonos nós, e celebrámolo co que mellor sabemos facer: Traballar. Ao final da gala fixemos unha serie de micro-entrevistas a…
Crónica da Gala de Entrega dos XVI Premios COAG
Vimos de vivir a que probablemente é a maior xuntanza de arquitectos de Galicia, os XVI Premios COAG, co gallo de premiar a excelencia na nosa arquitectura, recoñecendo a grande calidade da mesma. Vimos de vivir unha xornada de reencontros, un momento de reflexión, unha excusa para lembrar que, por moita crise que vivamos, en…