12345 (5 votos, promedio: 3,80 de 5)
Cargando...

Lonxa de Lira

AG_lonxa_lira_manolo_gallego_carnota_00
js
Obra:Lonxa de Lira
Arquitecto:Manuel Gallego Jorreto
Provincia:A Coruña
Localidade:Lira, Carnota
Ano:2007 – 2010
Xeolocalización:42.805,-9.137
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Santos-Mera | Guía de Arquitectura Contemporánea de Galicia | 2013
Información na rede:
veredes.es | Sen tempo concreto | Luís Gil+Cristina Nieto
Descripción do proxecto:
«Da lonja de Lira interésanos, moi principalmente, o que é o case nada dese edificio sen forma e que, con todo, é case todo, o material principal co que nos parece está feito, ao contrario da maioría de arquitectura contemporánea coa que convivimos, o tempo e a súa alteración. Explicámonos, hai algo máis profundo neste edificio silencioso, que nos deixa aprender e emocionarnos pero que non adoita aparecer na maioría de construcións que se visitan como arquitectura, e que é a sensación de estar ante unha obra orixinal. Orixinal en varios sentidos, un deles na perspectiva do primitivo, do ancestral conectado ao básico que é localizarse e ser. Un localizarse, neste caso, pouco frecuente pois o edificio funciona perfectamente alí mesmo, na súa relación co mar inmediato, o porto, unha obviedade, e tamén o fai na percepción equilibrada da súa implantación no horizonte xeográfico máis aberto e afastado, o océano. Orixinal tamén, porque a obra por ese pudor referido, parece querer ser únicamente relatada a través da descrición simple da acción constructiva, como un invento, pouco ou nada máis: sete pórticos paralelos e en voladizo de case 18m afincados no chan do porto. Ese afincar estes sete alicerces de soporte para unhas vigas en ménsula é unha acción moi por encima da arquitectura, pois termina por converterse nun acerto case antropolóxico de comportamento constructivo que pon, metafóricamente falando, a esta obra á altura da máis sinxela acción do protagonista de Urga no filme de Mihalkov, cando no medio da estepa, para dar sentido e medida a un dominio inabarcable que é a amplitud da nada, crava a súa pértiga (urga) co fin de expresar de forma extremadamente básica un territorio propio e único, non franqueable. Ao noso modo de ver, a acción constructiva deste edificio fai o mesmo, non unha senón sete veces, cos seus sete pórticos repetidos no horizonte do tamén inabarcable océano pegado a Lira e ao Monte Pindo»
Luís Gil+Cristina Nieto
Video: ETSAS | 2013 (min. 25)

12345 (5 votos, promedio: 3,80 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top