«Despregamento da casa en planta baixa, para apropiarse do terreo, formando uns patios en sentido transversal, que favorecen a iluminación e entrada do sol, deficientes por culpa da nave industrial»
recunaedapena arquitectos
Departamentos no porto de Rianxo
«Cremos importante traballar sobre a idea de completar a «fachada litoral». Trátase por tanto de 4 edificacións que constitúen unha aliñación ordenada fronte ao mar, que ademais posúen unha identidade semi-industrial claramente reconocible» 2C arquitectos
Dúas prazas en Vilanova dos Infantes
«O proxecto que se presenta pretende ser elemental no seu contido e respectuoso coa realidade existente perseguindo a recualificación ambiental do núcleo»
González-Cebrián Tello
Rehabilitación da Casa do Convento
«A idea principal é recuperar limpando. Limpar, procurando recuperar unha actitude cara os materiais o máis parecido á primitiva»
Carlos Seoane
Vivenda en Icaria
«A planta baixa, máis protexida, ábrese ao terreo mediante panos de vidro e a alta, exposta, péchase cunha pel de lousa, límite da intimidade»
Alfonso Fernández Bernárdez
Oratorio do colexio Divino Maestro
«É un lugar onde as monxas se reúnen para facer as súas oracións, un sitio privado. Ideamos uns vidros que conteñen unha imaxe a gran formato e que están inspiradas nas vidreiras da catedral de Lugo»
Marta Prieto
Conservatorio de música, danza e idiomas
«Conectalas tres pezas coa rúa mediante pasarelas dende as súas plantas superiores ou intermedias, ao tempo que se dispón un itinerario cuberto exterior que une os tres corpos, tratados como caixas lixeiras» José Antonio Vázquez Martín
Casa na Reboira
«Como se fora unha rocha cravada no terreo, a tosquedade dunha sólida estrutura de formigón abuxardado, contrastará cos espazos interiores precisos e luminosos»
Sabín + Blanco
Centro cultural en Santa Cristina de Fecha
«Vistas atentas sobre a paisaxe enmárcanse dende a arquitectura proposta, ao tempo que a súa integración no seu marco paisaxístico é un dos seus obxectivos fundamentais»
Xosé Manuel Rosales
Parque etnográfico da Insua
«Novos tratamentos arquitectónicos faise con linguas contemporáneos reforzando os significados globais e facilitando ao mesmo tempo os novos usos»
Felipe Peña e Francisco Novoa