«Un centro cívico que pivota ao redor dun baleiro a dobre altura; o vestíbulo como corazón do edificio, lugar de encontro, de estancia nas gradas escaleiras, de acceso aos diferentes espazos»
Abalo Alonso arquitectos
Nova Sede de Norvento
«Buscar unha arquitectura sinxela, tan sinxela e lóxica que resulta sutil e emocionante. Non se trata de berrar máis, de utilizar materiais sofisticados, de crear arquitecturas complexas. Trátase de convencer, de suxerir, de facer unha arquitectura silenciosa pero moi, moi atractiva» Francisco Mangado
Rehabilitación de vivenda para Melania e Xoaquín
«A rehabilitación desta estructura do século XIX de catro plantas no barrio da Magdalena en Ferrol, centrouse na idea de preservar a maior cantidade de elementos orixinais. – Carlos Graña
Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño
O Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño articulouse en dúas partes relacionadas entre si: unha construción xa existente no conxunto e tres pequenos pavillóns de nova planta
Casa sobre o Miño
Unha cova, un ollo mirando o río, buscando o sol e un patio enterrado dando luz, ventilación e protección.
FRIDABLU calzado
Dous xestos (en planta e sección), dous materiais (chapa ondulada lacada e listóns de madeira) resolven a tenda con rotundidade e claridade espacial.
Remodelación de dous edificios para catro vivendas e local comercial
O proxecto consiste na rehabilitación de dous edificios no Casco Vello Alto de Vigo. Forma parte do programa que ven desenvolvendo o Consorcio do Casco Vello na última década, rehabilitando e construíndo novas edificacións, conseguindo deste xeito revitalizar a zona máis antigas da cidade.
Verde
Descontextualizar un obxecto para través da técnica, darlle un novo sentido. A forza da idea queda referendada pola literalidade da súa mensaxe, a sinxeleza na montaxe e a adaptación a uns recursos económicos limitados.
Bico de Xeado
Unha intervención que busca simultaneamente a creación dunha imaxe recoñecible para a marca partindo das particulares características dun local do casco histórico de Baiona sen renunciar por elo a unha máxima economía de medios e prazos de execución e ao uso dunha linguaxe simple e contemporánea.
Espazo Lusquiños da Mocidade
A proposta pretende acoller e dar resposta ás necesidades que sempre tivo a mocidade, a lectura, o cine, o teatro e a danza xunto coas demandas actuais.