12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Auditorio de Galicia

sA_auSt_02

 

Obra:Auditorio de Galicia
Arquitecto:Julio Cano Lasso
Provincia:A Coruña
Localidade:Santiago de Compostela
Ano:1988
Xeolocalización: 42.889572,-8.544531
Outros Datos:
Premios:
 Seleccionado na IX Bienal de Arquitectura de Venecia.
Publicacións:
 IX Bienal de Arquitectura de Venecia.Arquitectura Contemporánea. Santiago de Compostela. Año: 2003
Información na rede:
Estudio Cano LassoSantiago Turismo. Arquitecturas de autor.
Descripción do proxecto:
«En 1964 o arquitecto Julio Cano Lasso realizou o conxunto de pavillóns para albergue de peregrinos, con ocasión do Ano Santo. A obra, concibida como temporal, mantívose anos ofrecendo aloxamento a estudiantes. Sobre a traza daquela obra modesta e exemplar, pola súa racionalidade e implantación, o seu mesmo autor construiu o Auditorio de Galicia. Este gran complexo, destinado a dotar a Compostela dun edificio capaz de desenvolver unha programación musical e expositiva de alto nivel, proxectouse cunha serie de severos volumes de pedra, co contrapunto de panos de vidrio horizontais, con particións brancas e miúdas, que evocan a tradición das galerías.O edificio do Auditorio de Galicia amosa a súa vocación de construir a cidade ao respectar a praza existente para convertela nun grande escenario urbano, porticado en dous dos seus lados, antesala exterior do edificio. Tralo sobrio pórtico elévase o volume prismático da sala principal do auditorio. Este volume cego e totalmente forrado por un muro de cantería de granito cego é o referente visual do edificio dende os diferentes lugares de Compostela dende os que é visibel.

Un regato existente emprégase para crear unha gran lámina de auga, na parte traseira do edificio, na que se deseñou, vinculada ao equipamento cultural, o Parque da Música Compostelá, ao que se abren xenerosos panos de cristal, como a galería do restaurante, que queda voada sobre a auga, ofrecendo unha fermosa vista do parque e da Cidade Histórica como fondo». Fernando Agrasar.

Reportaxe fotográfica:
 
Planos:

Añadir a «Mi viaje»

Authors
12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top