Todo proxecto é o resultado de confrontar un programa de necesidades, un lugar e un desexo. Neste caso o desexo de rehabilitar, remodelar e recuperar para a cidade un edificio emblemático, auspiciado todo el polo factor socio-cultural.
Viveiro de empresas en Santiago de Compostela
Abalo+Alonso traballan neste proxecto para un viveiro de empresas con un orzamento máis axustado do acostumado. Situado na periferia de Santiago de Compostela, ubícase nun polígono industrial coma un edificio aislado. unha gran caixa negra que esconde un luminoso claustro cuberto no seu interior. Arredor do mesmo, se organizan os distintos espazos do viveiro facendo gala neste traballo non só dunha gran tarefa en economía de medios senón tamén proxectual.
Biblioteca Central do Campus de Ourense
El edificio interpreta la topografía como forma de cuenco o artesa del lugar configurada por las laderas y los viales perimetrales, con la creación de una gran plaza elevada, abierta al paisaje y de un espacio interior fluido, contínuo, propicio para la lectura
Centro de día para enfermos de Alzheimer
No Centro de día para enfermos de Alzheimer trátase de crear un entorno amigable tanto para os usuarios como para os transeúntes mediante a disposición dunha pequena praza tanxencial á rúa que da acceso ao centro aliviando o tecido urbano.
Xulgado provisional en A Estrada
O proxecto consiste na habilitación dun local vacío como un edificio xudicial provisional. Para tal propósito, partindo de espacios de dimensións reducidas créase un vestíbulo o máis grande posíbel que dá acceso ao resto do programa funcional.
Tenda Introset-Bulthaup A Coruña
O Showroom de Introset Bulthaup, proxectado por Alfonso Penela, é o resultado da rehabilitación de un local comercial. Foi concebido para poder contemplarse xa dende o exterior a través dos seus livianos paramentos verticais de lamas brancas de madeira. No seu interior os forxados desnudan a súa cara inferior para adquirir unha nova expresividade.
Sexto edificio do Museo de Pontevedra
«Nesa busca de equilibrio entre as partes, a aparente lixeireza do vidro do pavillón-xardín é compensada polo uso dun pesado esqueleto de formigón e uns pavimentos de granito. Pola contra, o hermético edificio de grandes lousas pretende alixeirarse a través da súa fenestración horizontal, pola que xorde a luz de día e de noite»
UP Arquitectos | Jesús Ulargui e Eduardo Pesquera
Rehabilitación do Café Moderno
«O mobiliario, deseñado por Siza Vieira, que achegan un xenuíno grao de modernidade a todos os locais. Cadeiras, mesas, despachos, papeleiras, lámpadas e algunhas pezas singulares como unha sorprendente mesa de patas asimétricas, enriquecen o continente dunhas estancias dispostas para acoller no futuro as máis interesantes mostras da arte e a cultura do noso tempo» José Ramón Soraluce Blond