«A vivenda consiste en dous volumes maclados que se sitúan no vértice da L, dividindo desta forma o terreo nunha serie de espazos ben acoutados con usos diferenciados segundo a súa altura, topografía, soleamiento e vistas» Martín de Cominges e José Villacé
Casa de Arturo Estévez e Aurora Barcala
«Podemos definila como a gran galería con casa pequena de pedra, maxicamente colocada ao carón do bosque, ao final da viña»
Yago Bonet
Convento de Padres Pasionistas
«Debaixo do presbiterio había un espazo de planta elíptica, onde estaba o coro conventual, e fixéronse unha especie de ‘canóns de luz’, que daban unha iluminación que contribuía ao recollemento»
Andrés Fernández-Albalat
Hortas en Caramoniña
«Confiamos en que a resolución dos problemas de accesibilidade, conxuntamente coa actividade proposta, favoreza non só a sustentabilidade da actuación, senón que mellore sensiblemente a calidade de vida da veciñanza» Abalo Alonso arquitectos
Plan parcial de Vite e 248 vivendas
«A sensibilidade moderna combínase con referencias á arquitectura tradicional do centro histórico, como resulta do emprego dunha versión material actualizada das galerías tradicionais» Celestino García Braña
Escola de maxisterio
«O edificio contempla a relación cultural co lugar por medio da súa intensa fragmentación. Con iso consegue situalo á escala dos edificios pequenos que forman a contorna evitando toda maxestosidade»
Mihai Brencea
Vivenda unifamiliar en Vilagarcía de Arousa
«Despregamento da casa en planta baixa, para apropiarse do terreo, formando uns patios en sentido transversal, que favorecen a iluminación e entrada do sol, deficientes por culpa da nave industrial»
recunaedapena arquitectos
Centro de recepción de visitantes das Fragas do Eume
«Pretendíamos que a nosa actuación fose silenciosa, nada se escoita mellor, ni máis alto, que o silencio»
Sabín-Blanco Arquitectos
Acondicionamento da praza do Seixo
Trázanse unha serie de bandas arboradas seguindo os movementos principais dos peóns. As árbores van definir unhas liñas de sombra baixo as que se porá o mobiliario urbano.
Pousada xardín de Ribadumia
«O conxunto da Pousada fragméntase para crear espazos verdes entre os volumes e adaptarse á presenza de árbores e ás diferentes escalas rurais das edificacións do ámbito» Mauro Lomba