Author Archives: Luis Santalla

Jardines de Bonava | Santiago de Compostela

Xardíns de Bonaval

Xardíns de Bonaval

Trátase de un parque vinculado ó Convento de Santo domingo de Bonaval, xa que o bordea en toda a sua parte traseira. O conxunta é un espazo cheo de recunchos diversos, con zonas arboladas e axardinadas, atravesado por muros de pedra, escaleiras, camiños de xabre, todo impregnado de historia.

Galescola en Hío | Santos-Mera | Adrián Capelo

Galescola en Hío

«O xogo de volumes de diferentes alturas e tamaños, a fragmentación e disposición de hocos e partes móbiles, así como o uso da cor, conferen ó conxunto un dinamismo que nos parece suxerente e adecuado ó uso infantil. Ademáis, dito xogo e o feito de baixar a cota do edificio abrandan o volume axudando a unha integración amable sen renunciar á singularidade do edificio»

Centro Cívico de Xove

O centro cívico é o resultado da imbricación entre dous sistemas: un de espazos construidos cubertos e outro de eszpazos construídos descubertos, xerando un espazo público de relación social. O conxunto fórmano as prazas, a Casa Consistorial e o centro cultural, así como a piscina cuberta e mailo polideportivo. As prazas son o eixo do proxecto, preséntanse coma unha evolución dos claustros pechados e privados, espazos de vida común nos que a comunidade desenvolve as súas actividades.

Centro para autistas e psicóticos adultos

A concepción xeral do proxecto apóiase na aceptación da acusada topografía do terreo, como condicionante de ordenación do conxunto así como na implantación do centro nas cercanías dun núcleo de vivendas tradicional, disgregadas e de crecimento e ordenación e ordenación anárquica. A concepción é unitaria, a pesar da necesidade de diferenciación dos distintos elementos do conxunto.

GZ 10 Fermín G Blanco

GZ 10 | Prototipo de vivenda unifamiliar

Investigación plantexada como parte práctica e complementaria da tese doctoral: Los “huesos” de Fisac; la búsqueda de la pieza ideal. A tese analiza os inventos patentados do arquitecto Miguel Fisac. Unha análise exhaustiva de estas patentes permite descubrir a evolución da obra e do pensamiento do mestre manchego que acaba por condensarse na súa última patente, un sistema ainda vixente e que o arquitecto bautiza como “arquitectura vertida”.

Ximonde_Fermín G. Blanco

Rehabilitación de Centro Ictiolóxico de Ximonde

O coto de Ximonde é un espazo de gran valor ambiental situado na ribeira do Río Ulla, fronteira natural entre as provincias da Coruña e Pontevedra. O coto está formado por una serie de elementos más ou menos integrados na paisaxe de ribeira, una presa de pedra e un antigo muiño, os postos de pesca en ambolas marxes do río e unha pasarela derruida… todo elo obxeto de reforma no proyecto.

casa da maxia

Casa da Maxia

Ante un programa rico e dinámico como o que presenta a Asociación de Magos Profesionais de Galicia encontramos un solar de 50m² no casco histórico de Ourense cunha única fachada, a conservar por estar protexida polo Plan Especial de Reforma Interior; a fachada existente rematase cunha galería.

Centro de interpretación parroquial en Vedra

Centro de interpretación parroquial de Vedra

O Centro de Interpretación Parroquial de Vedra proxectase nunha localización moi peculiar, as traseiras do cemiterio parroquial. O iglesiario conforma unha unidade atrio, templo e cemiterio situado nun promontorio fóra do núcleo. O museo apoia-se nunha antiga edificación (a casa da fábrica) para acceder, e proxectase un volume novo alongado que será a nueva fachada do cemiterio.

Top