Para engadir un proxecto á web é preciso seguir as seguintes indiciacións:
- Asegúrate de ter a información solicitada ou ter permiso de uso do contido que propós para a nosa publicación.
- Prepara as imaxes a enviar nun tamaño e pesos correctos. (ancho máximo 770 píxeles para a fotografía principal, e menos de 120 kB para as outras fotografías). Para escalar as imaxes podes utilizar o Resize-myPhotos como ferramenta on-line, aínda que sempre é mellor optar pola exportación web de programas de edición de imaxe, máis rápido para ti, para nós e para os lectores que teremos no futuro.
- Comprime as imaxes todas xuntas nun arquivo .zip (tamén nos vale unha carpeta con algún servicio on-line ou web, WeTransfer e compañía, ou unha carpeta compartida de Drive e Dropbox)
- Preenche o formulario que tes na parte inferior cos datos do proxecto. Utiliza o cargador de arquivos para o .zip das fotografías, para nos sempre será máis sinxelo e rápido.
Para calqueira dúbida podes preguntarnos nas redes sociais, ou no noso correo, info@arquitecturadegalicia.eu co asunto «Carga de proxectos» para que sepamos de que se trata.