12345 (4 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Casa Criado

AG | Casa Criado

Jose Reigosa

Obra: Casa Criado
Arquitecto: Javier Carvajal Ferrer
Provincia: Lugo
Localidade: Lugo
Ano: 1986 – 88
Xeolocalización: 43.993,-7.556
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Guía de Arquitectura de Lugo | COAG Lugo | 2011
Revista Obradoiro | Nº 22 | 1993
Información na rede:
 
Descripción do proxecto:
“Cando se entende a arquitectura non coma unha moda, nin coma unha consigna de antigas ou novas academias; cando se entende a arquitectura coma un permanente compromiso co espazo e co tempo, cada novo proxecto faise risco, busca e ensaio. Eu nunca construíra en Galicia. Construír en Galicia no pode ser igual a construir en Madrid, en Andalucía, en Nova York ou en calquera outro lugar da terra que non sexa Galicia. Son outros o seu clima, a súa cultura e a súa imaxe. Unha vez máis, eu quería encontrar esa solución que ligase a casa á súa circunstancia, á choiva, á pedra, ao monte sobre o río… […] a tella ou a lousa, que onte se empregaron, non esgotan hoxe a posibilidade de cubrir da choiva que cae mansa do ceo. A pedra cortada, que culta o popular, serviu para construir os muros. Hoxe ten outras pedras irmás que poden aportar novas imaxes e xeitos de falar da fortaleza da terra. As catro augas de tantos tellados de Galicia mandan, dende a súa xeometría suxestiva, novos xeitos de seguir debuxando sobre a paisaxe, o perfil que a historia debuxou. A madeira do chan, o lume da lareira. Había que intentar, unha vez máis, aprender a lección que nos chega, había que intentar dicir con novas palabras, frases coherentes dunha cariñosa canción que non remata. Así naceu a casa. Pensando en Galicia. Pensando na xente que tiña que vivir a miña obra amando a terra, comprometidos co tempo novo… Así naceu a casa. Os erros son meus, os acertos tamén”. Javier Carvajal Ferrer.
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (4 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top