12345 (3 votos, promedio: 4,00 de 5)
Cargando…

Casa Crisálida

Casa Crisálida Mauro Lomba

Adrián Capelo

Obra:Casa Crisálida
Autoría:Mauro Lomba

Arquitecta colaboradora: Ana Monteagudo

Provincia:Pontevedra
Localidade:A Guarda
Ano:2015
Xeolocalización:41.919,-8.842
Outros Datos:
Premios:
 Gañador | Gran de Area | 2016
Publicacións:
Información na rede:
Páxina de Mauro Lomba

Madera sostenible

Conferencia de Mauro Lomba na V Edición de Meeting Point Lignum

Descripción do proxecto: 
«Dende o acceso camiñamos cara o interior do piñeiral a través dunha parcela larga e estreita. Construímos ao final do recorrido, nunha área máis ampla e menos densa. Respecto absoluto as árbores. Non se tala ningunha. A arquitectura orgánica da crisálida adáptase ao lugar, entre os piñeiros, coas súas paredes inclinadas para librar ramas, para favorecer ángulos de maior incidencia solar, para provocar zonas de sombra, para conquistar o espazo interior en diálogo co exterior.

Tres volumes separados resolven o programa. Os dous principais conforman o espazo habitacional. O de maior volume para o día, para as relacións sociais. Ao seu lado o volume intermedio para a zona de noite, para o descanso, para o recollemento. Os dous volumes, con porta de acceso enfrontadas pero separadas, reforzan a comuñón coa natureza e xeran espazos intersticiais que serven a situacións distintas en función da época do ano. Cada módulo é funcionalmente autónomo, cada un co seu propio aseo. O terceiro volume, máis pequeno e algo separado, destínase a un almacén de apeiros de mantemento.

A envolvente, formada por múltiples láminas, concíbese como unha cebola á que lle falta unha das súas capas, para xerar unha cámara ventilada completa, con continuidade entre as fachadas e a cuberta. Na parte baixa leva unhas reixas para evitar a entrada de pequenos animais e na parte alta se colocaron unhas micro-chemineas de ventilación que facilitan a aireación. A maior parte das capas realízanse con taboleiros OSB colocados sobre unha estrutura espacial de bastidores e correas de madeira de conífera tratada en sales de cobre. Ao interior os acabados son de lasur branco ou transparente. Como illamento colócase unha capa de taboleiro illante de madeira. A carpintería exterior tamén é toda de madeira, acabada ao interior con lasur branco e ao exterior en gris.»

Mauro Lomba

Reportaxe fotográfica: Adrián Capelo
Planos: Mauro Lomba

12345 (3 votos, promedio: 4,00 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top