12345 (3 votos, promedio: 4,33 de 5)
Cargando...

Casa da Cultura de Valdoviño

AG_casa_cultura_gallego_jorreto_valdovinho_00
concellodevaldovino
Obra:Casa da Cultura de Valdoviño
Arquitecto:Manuel Gallego Jorreto
Provincia:A Coruña
Localidade:Valdoviño
Ano:1981 – 1993
Xeolocalización:43.612,-8.141
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
AV Monografías No 46 | 1994
Documentos de arquitectura No 28 | 1994
El Croquis No 63 | 1993
Información na rede:
Descripción do proxecto: Iago Valverde | Arquitectura de Galicia
A cultura é comunicación e intercambio. O edificio ten que ser un lugar de encontro onde se produzan estas actividades. Albergando a cultura viva, diferente da cultura oficial morta por inmobilidade, a cultura do pobo que nace do cotiá.
Conéctase coa estrada, a falta de rúa, e sitúase nunha cota elevada separándose do tráfico. Nunha posición dominante sobre a paisaxe, ten vistas sobre o mar de Valdoviño. Nesa cota constrúe un baleiro, un espazo público. E montado sobre este, o edificio.
Formalízase como unha bandexa mineral, textura pétrea de formigón, como disposto a resistir o batente do mar. Este macizo ten un burato no medio, que se manifesta cóncavo para acoller ao visitante e ao veciño, xuntos, baixo o edificio. Comprimise o espazo no baleiro para formalizar a entrada. Ao oeste expándese cara o mar e ao leste cara unha carballeira de nova plantación.
Enriba, illado e concentrado, o lugar de lectura. Sentado o lector, envolto en madeira, pódese mergullar na lectura alleo ao que o rodea. Ao levantarse de novo o mar, ao oeste, e a carballeira, ao leste. Metáfora da cultura mesma do pobo, entre o mar e a terra.

Apuntamentos da charla de Manuel Gallego. 28|10|2013 ETSA da Coruña

Reportaxe fotográfica

12345 (3 votos, promedio: 4,33 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top