
luis diaz diaz
| Obra: | Casa do Medio |
| Arquitecto: | ARKB – arrokabe arquitectos |
| Provincia: | A Coruña |
| Localidade: | Santiago de Compostela |
| Ano: | 2013-2015 |
| Xeolocalización: | 42.881828, -8.536798 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Gañador | Premio Egurtek | 2016 | ||
| Publicacións: | ||
| Información na rede: | ||
| arrokabe.com luisdiazdiaz.com veredes.es | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «A rúa do Medio é unha rúa eminentemente residencial, paralela á rúa de San Pedro, entrada do Camiño Francés á cidade histórica e arteria principal do barrio do mesmo nome. Un barrio que, a día de hoxe, é referencia dentro da cidade pola súa diversidade social e funcional. Na edificación principal, as diferentes estancias do programa proposto, axustáronse ao volume existente. Conservouse o sistema estrutural vertical de muros de carga, e propúxose unha reconstrución da estrutura horizontal cun forxado mixto de formigón e escuadrías de madeira apoiadas sobre os muros. A escasa altura do limiar das dúas portas da fachada principal obriga a subir puntualmente o cargadero daquela que se acaba utilizando como acceso habitual e que coincide co oco que, compositivamente, non está disposto a eixo coas xanelas das plantas altas. Recuperouse a volumetría do engadido da fachada traseira con armazón e cerramentos de madeira conformados á maneira tradicional por montantes e dormentes sobre a que apoian os forxados de piso e entrepaños con partes acristaladas e cegas. A nova escaleira ocupa a posición da existente e vaise alixeirando a medida que ascende polo oco. Un oco que se fai máis amplo do preciso para facilitar a entrada de luz cenital ás diferentes plantas. A construción de cada tramo a de escaleira, desde a caixa pechada ao elemento lixeiro que colga da estrutura de cuberta, relaciónase co distinto carácter de cada un dos pisos. Esta estratificación ten a súa correspondencia no novo elemento encostado á fachada traseira a través do que se produce a relación co xardín: espazo exterior cuberto, galería-corredor e terraza. O alpendre recupérase reaprovechando os pés dereitos de pedra granítica e reconstruíndo unha cuberta baseada no sistema da estrutura orixinal. A nova peza exponse como un espazo exterior a cuberto con cuartos de servizo e almacenamento, resoltos con cerramentos lixeiros de madeira. No patio interior deséñase un xardín inspirado polos parterres existentes e apoiándose nas trazas dos distintos muros. Pretendiamos, desta forma, que a casa contase cunha contorna vexetal propio, denso, variado e cambiante que establecese unha relación sensorial máis intensa entre interior e exterior.» ARKB – arrokabe arquitectos | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| – | ||
| Planos: | ||
| veredes.es | ||








