12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Casa do Medio

AG_casa_medio_arrokabe_arquitectos_compostela_00
luis diaz diaz
Obra:Casa do Medio
Arquitecto:ARKB – arrokabe arquitectos
Provincia:A Coruña
Localidade:Santiago de Compostela
Ano:2013-2015
Xeolocalización:42.881828, -8.536798
Outros Datos:
Premios:
Gañador | Premio Egurtek | 2016
Publicacións:
Información na rede:
arrokabe.com
luisdiazdiaz.com
veredes.es
Descripción do proxecto:
«A rúa do Medio é unha rúa eminentemente residencial, paralela á rúa de San Pedro, entrada do Camiño Francés á cidade histórica e arteria principal do barrio do mesmo nome. Un barrio que, a día de hoxe, é referencia dentro da cidade pola súa diversidade social e funcional.
Na edificación principal, as diferentes estancias do programa proposto, axustáronse ao volume existente. Conservouse o sistema estrutural vertical de muros de carga, e propúxose unha reconstrución da estrutura horizontal cun forxado mixto de formigón e escuadrías de madeira apoiadas sobre os muros. A escasa altura do limiar das dúas portas da fachada principal obriga a subir puntualmente o cargadero daquela que se acaba utilizando como acceso habitual e que coincide co oco que, compositivamente, non está disposto a eixo coas xanelas das plantas altas.
Recuperouse a volumetría do engadido da fachada traseira con armazón e cerramentos de madeira conformados á maneira tradicional por montantes e dormentes sobre a que apoian os forxados de piso e entrepaños con partes acristaladas e cegas.
A nova escaleira ocupa a posición da existente e vaise alixeirando a medida que ascende polo oco. Un oco que se fai máis amplo do preciso para facilitar a entrada de luz cenital ás diferentes plantas. A construción de cada tramo a de escaleira, desde a caixa pechada ao elemento lixeiro que colga da estrutura de cuberta, relaciónase co distinto carácter de cada un dos pisos. Esta estratificación ten a súa correspondencia no novo elemento encostado á fachada traseira a través do que se produce a relación co xardín: espazo exterior cuberto, galería-corredor e terraza.
O alpendre recupérase reaprovechando os pés dereitos de pedra granítica e reconstruíndo unha cuberta baseada no sistema da estrutura orixinal. A nova peza exponse como un espazo exterior a cuberto con cuartos de servizo e almacenamento, resoltos con cerramentos lixeiros de madeira.
No patio interior deséñase un xardín inspirado polos parterres existentes e apoiándose nas trazas dos distintos muros. Pretendiamos, desta forma, que a casa contase cunha contorna vexetal propio, denso, variado e cambiante que establecese unha relación sensorial máis intensa entre interior e exterior.»
ARKB – arrokabe arquitectos
Reportaxe fotográfica:
Planos:
veredes.es

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Related posts

*

Top