| | Dous carromatos de cíngaros, que estacionados xunto a unha estrada húngara, unidos por unha gran lona central organizando o espazo de convivencia colectiva, habían de converterse, a traveso de súa representación, nunha vivenda (logo ampliada co novo corpo dunha piscina cuberta) aberta ó xardín por medio dunha cristaleira protexida pola continuidade dun amplo pano de tellado, desde unha actitude de buscada ambigüidade. Unha cuberta, despregada como un quitasol, que determinará, na parcela, un perímetro protexido. Logo, na súa penumbra, dispuxen o corazón da vivenda utilizando a sombra para conseguir distintos efectos estéticos. |