12345 (4 votos, promedio: 2,25 de 5)
Cargando…

Casa para un músico novo e a súa parella

AG_antonio_solinho_troncoso_vivenda_musico_saians_00
Antonio Soliño
Obra:Casa para un músico novo e a súa parella
Arquitecto:Antonio Soliño Troncoso
Provincia:Pontevedra
Localidade:Saiáns, Vigo
Ano:2012
Xeolocalización:42.168,-8.800
Outros Datos:
Premios:
Premios Gran de Area | 2011

Premios Gran de Area | 2013

Publicacións:
Información na rede:
revistaaproin.com
 Descripción do proxecto:
«A ausencia de cor, a limpeza formal e o alto grao de abstracción queren ser metáfora dun respecto cara á música, profesión do xove propietario; un sonoro silencio. As extraccións volumétricas e patios nacero coa intención de domar os molestos ruídos que produce a intensa circulación de vehículos a motor pola estrada adxacente, controlar as condicións de insolación estival, e preservar a intimidade dos espazos interiores.
A volumetría responde e adáptase á topografía natural da parcela para dar cabida ao programa demandado polo promotor. Na Planta 0, cunha superficie útil de 46,44 metros cadrados, sitúanse espazos de apoio e almacenamento, susceptibles, dous deles, de ser utilizados como pequeño taller musical. Na planta 1, cunha superficie útil de 140,88 metros cadrados, desenvólvese o espazo principal da vivenda, resolvendo a nacente a área de noite e a de día ao poñente. Nesta, que goza das mellores vistas, buscouse potenciar a relación visual e física entre os distintos espazos que a componen.
Todas as pezas vivideiras teñen acceso directo ao xardín/horta exterior, a través de ocos sempre colocados nas extraccións matericas do volumen xeral. Estas extraccións pretenden dar solución a problemas de ruído, termia e falta de intimidade, á vez que abastecen a obra duns espazos de transición con distintos usos.Esta idea buscada de volumen único materialízase mediante un revestimento armado, de textura rugosa, que busca continuidade visual na cuberta ao resolver o pormenor construtivo do encontro oculto. Os elementos “sucios” e de protección desta peza resólvense en formigón á vista; tamén o pavimento da Planta 0 e 1 execútanse en xisto gris. Todo o demáis é branco»
Antonio Soliño
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (4 votos, promedio: 2,25 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top