archxx-sudoe.es
Obra: | Casa SJ |
Arquitecto: | Xosé Bar Bóo |
Provincia: | Pontevedra |
Localidade: | O Castro, Vigo |
Ano: | 1979 |
Xeolocalización: | 42.231,-8.723 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
AGRASAR QUIROGA, Fernando | Guía de Arquitectura de Vigo. 1930 – 2000 | COAG 2003 GARRIDO, Fenés, Alicia | La Obra de Xosé Bar Bóo | Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2000 VV AA | Xosé Bar Bóo, arquitecto | COAG 1996 Obradoiro 17 | COAG 1990 Xan Casabella | Intenciós na arquitectura de Xosé Bar Boo | Boletín Académico. UDC 1986 Xosé Bar Boo | Notas al artículo «Intenciós na arquitectura de Xosé Bar Boo»| Boletín Académico. UDC 1987 | ||
Información na rede: | ||
archxx-sudoe.es | ||
Descripción do proxecto: | ||
«A casa Samuel Janeiro é das derradeiras obras construídas de X. Bar. En realidade trátase da reforma e ampliación dun antigo chalet. O interese que ten pra este estudo é o de amasar cal é a actitude do autor ao intervir con arquitectura preexistente. A filosofía coa que se acercará a un proxecto dese tipo xa fora exposta na Memoria da Biblioteca A. Palacios en Porriño aló polos anos 1970 «integrar la obra preexistente en otra, de tal manera que la anterior rigiese arquitectónicamente la nueva edificación» pero iso non será obstáculo para que X. Bar non se vexa supeditado a estéticas imitativas «él ya se expresó, el que ahora se expresa soy yo». A intervención consiste neste caso nun novo edificio de características formais diferentes ao preexistente, unido por un elemento inmaterial que evitará todos os problemas de continuidades de material, estilísticos, etc. Cada edificio expresarase libremente coas súas propias regras. Na linguaxe de Norberg-Schulz diriamos que a relación topolóxica que se establece é aditiva e concretamente de sucesión de elementos. Pero hai outra relación de gran importancia i é que a integración se produce por contraste, outorgándolle predominancia á antiga edificación, como xa acontecera na xa mencionada Biblioteca de Porriño. O novo edificio, cecais para compensar o perdido chan, adopta a forma de xardín suspendido. Dese xeito, o arquitecto altera substancialmente a percepción clásica da arquitectura como obxecto emerxente, pra ofrecer un habitáculo practicamente enterrado. Os cerramentos perden importancia como tales e o espazo ábrese ao resto do xardín amosando a súa condición de templete (individualización dos soportes, cerramentos que non chegan á cuberta, ambivalencia da cheminea, continuidade do xardín exterior no interior, etc.). Na reforma do edificio preexistente, engadiuse unha escaleira de caracol na fachada posterior, o que obrigou a unha alteración substancial da mesma así como da cuberta. Iso repercute ao meu xeito de ver na percepción unitaria do antigo chalet e crea un corpo intermedio de superficies curvas estrañas ás súas regras e de lectura desviada e confusa.» Xan Casabella | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
Planos: | ||
[nggallery id=427] |